Publicado o 24 Maio, 2013 nas categorías Fóra de Xogo, Música, Premios
A segunda edición do libro As meigas de Lupa de María Solar , que estamos a preparar para o vindeiro outono, contará con banda sonora orixinal.
O músico galego David Alonso Garzón creou desinteresadamente esta composición tras quedar engaiolado polo libro de María Solar.
Ler máis →
Publicado o 24 Maio, 2013 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín
María Navarro publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O gato fantasma, de Xelís de Toro.
Amena narración
Do posible e do probable
A fronteira entre realidade e ficción é,ás veces,tan fina que pasar dun lado a outro é moi doado, sobre todo, se quen camiña son rapaces aos que lles resulta complicado diferenciar entre o desexo, o posible e o probable.
Ler máis →
Publicado o 24 Maio, 2013 nas categorías Críticas, Novela gráfica
A revista Clij publicou unha recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas.
A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.
Ler máis →
Publicado o 24 Maio, 2013 nas categorías Infantil
A revista Clij publicou unha recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre O aroma do liquidámbar, de An Alfaya, un libro ilustrado por Marina Seoane.
A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.
Ler máis →
Publicado o 24 Maio, 2013 nas categorías Centros de ensino, Homenaxes
O IES Pintor Colmeiro de Silleda dedicou unha aula a Antonio Reigosa, tal e como recolle o blog Trafegando ronseis.
Aula Antonio Reigosa
Onte foi outro deses días extraordinarios que a min me deixan totalmente exhausta pero completamente satisfeita.
Ler máis →
Publicado o 24 Maio, 2013 nas categorías Infantil, Xuvenil
A novela Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz, encabeza as Listas de Honra da revista Cadernos de Literatura Infantil y Juvenil na categoría de libros para máis de 14 anos.
Ler máis →
Publicado o 24 Maio, 2013 nas categorías Clásicos, Críticas, Poesía
Armando Requeixo publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.
Ler máis →
Publicado o 23 Maio, 2013 nas categorías Milmanda, Presentacións
O martes, 28 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Un rato díxolle á lúa de Antonio García Teijeiro.
No acto participarán Román Raña, Fran Alonso (antólogo), Xosé Cobas (ilustrador), Manuel Bragado e o autor e contará coa actuación musical de Paco Ibáñez que musicou varios poemas incluídos no CD que acompaña o libro.
Ler máis →
Publicado o 23 Maio, 2013 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Televisión
O programa da TVG O Eirado, que dirixe o xornalista e escritor Pemón Bouzas, emitiu unha entrevista a Manuel Portas sobre a súa nova novela Faneca Brava.
Ler máis →
Publicado o 23 Maio, 2013 nas categorías Crónica, Memorias, Reportaxes
O xornal O Progreso publica unha ampla e interesante reportaxe de dúas páxinas sobre Amada liberdade, o libro de memorias do intelectual Fernándo Pérez-Barreiro Nolla, e sobre a súa figura.
Ler máis →
Publicado o 23 Maio, 2013 nas categorías Artigos literarios, Lingua
Sermos Galiza publicou un artigo de Mercedes Queixas sobre Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
Estilística da lingua galega
Estilística da lingua galega é o recente título editado que compendia, máis unha vez, o ímprobo esforzo de estudo e análise investigadora que o profesor da Facultade de Filoloxía da UDC, Xosé Ramón Freixeiro Mato, dedica á lingua galega.
Ler máis →
Publicado o 23 Maio, 2013 nas categorías Críticas, Narrativa
O blog sobre Costa do Solpor recolle a recensión crítica de Mario Regueira sobre a novela de Xosé Mª Lema que publicou Sermos Galiza.
Ler máis →