“Festina lente”, adianto primeiras páxinas
Estes días chega as librarías Festina lente, a novela de Marcos S. Calveiro. Aquí poden lerse ou descargarse as dez primeiras páxinas. O autor acaba de abrir un blog da novela.
Publicado o 30 Maio, 2008 nas categorías Adiantos_para_ler, Descargas, Narrativa
Estes días chega as librarías Festina lente, a novela de Marcos S. Calveiro. Aquí poden lerse ou descargarse as dez primeiras páxinas. O autor acaba de abrir un blog da novela.
Publicado o 30 Maio, 2008 nas categorías Noticias, Premios, Premios_Xerais
Tras a súa primeira sesión de deliberación, celebrada na tarde de hoxe, os xurados dos Premios Xerais 2008 declararon as obras finalistas nas tres modalidades.
Publicado o 30 Maio, 2008 nas categorías Críticas, Crónica, Xerais_nos_medios
Manuel Rivas dedica hoxe o seu artigo semanal do suplemento “Luces” de El País a Recordar doe, o libro memorialístico de Herminio Barreiro.
Publicado o 30 Maio, 2008 nas categorías Lingua, Xerais_nos_medios
Na sección “Maré” do xornal Galicia Hoxe recóllese unha nova noticia sobre A represión lingüística en Galiza no século XX, de Mª Pilar Freitas, a partir do acto de presentación da obra que se celebrou onte en Pontevedra e no que acompañaron á autora Andrés Vilán, director do IES Valle Inclán de Pontevedra, Anxo Lorenzo, director da súa tese de doutoramento, e Fran Alonso, subdirector para a edición xeral de Edición
Publicado o 29 Maio, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Xulio Valcárcel publica na páxina literaria de El Ideal Gallego unha crítica completísima sobre As pontes no ceo, a derradeira entrega da triloxía “Vidas de infancia” de Ramiro Fonte. Recollemos varios fragmentos do texto: “Último volume da triloxía “Vidas de infancia”, As pontes no ceo pecha con ramo de ouro un dos proxectos literarios máis ambiciosos dos últimos tempos.
Publicado o 29 Maio, 2008 nas categorías Educación, Educación_para_a_cidadanía, Libros_texto_ESO
O novo manual que Edicións Xerais presenta para o alumnado de Ética e Educación para a Cidadanía 4º de ESO foi elaborado por Xesús E. García Castro, Eva Garea Traba, Mercedes Oliveira Malvar, Ricardo Rodríguez e Miguel Vázquez Freire, todos eles cunha longa traxectoria como autores de libros de texto e materiais divulgativos das áreas de Ética, Filosofía e Socioloxía.
Publicado o 29 Maio, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
A novela de Chelo Suárez, A venus de cristal, está sendo unha das nosas novidades que esta tempada recibe maior atención por parte da crítica.
Publicado o 29 Maio, 2008 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Héitor Mera publica unha crítica no Faro da Cultura de hoxe sobre Vestio, a novela curta de Xosé Miranda publicada recentemente en Fóra de Xogo. Recollemos o parágrafo final do traballo titulado “A forza de intriga”: “En Vestio Xosé Miranda domina con mestría as técnicas do relato ou novela curta de medo.
Publicado o 28 Maio, 2008 nas categorías Lingua, Presentacións, Universitaria
Mañá xoves 29 de maio, ás 20,00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán, rúa Montero Ríos, s/nº de Pontevedra, terá lugar o acto de presentación do libro A represión lingüística en Galiza no século XX de Pilar Freitas Juvino. O acto contará coa intervención de Andrés Vilán, Anxo Lorenzo, Fran Alonso e a autora.
Publicado o 28 Maio, 2008 nas categorías Autores, Entrevistas, Noticias, Premios
Foto: Lalo Villar. Acollemos con ledicia a noticia da concesión do Premio Nacional de Literatura 2008 ao escritor X.L. Méndez Ferrín. O equipo de profesionais da editorial únese ao entusiasmo da sociedade galega recoñecendo con este premio o labor de Ferrín durante máis de cinco décadas a prol da nosa cultura nacional.
Publicado o 28 Maio, 2008 nas categorías Educación, Educación_para_a_cidadanía, Libros_texto_ESO
O novo manual que Edicións Xerais presenta para o alumnado de Educación para a Cidadanía 2º de ESO foi elaborado por Xesús E. García Castro, Eva Garea Traba, Mercedes Oliveira Malvar, Ricardo Rodríguez e Miguel Vázquez Freire, todos eles cunha longa traxectoria como autores de libros de texto e materiais divulgativos das áreas de Ética, Filosofía e Socioloxía.
Publicado o 28 Maio, 2008 nas categorías Crónica
Esta semana aparece nas librarías Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), volume memorialístico de Herminio Barreiro, profesor de Historia da Educación da Universidade Compostelana e membro do grupo Brais Pinto. Esta é a crónica sentimental dunha experiencia escolar e universitaria que arranca da máis inmediata posguerra e chega ata promediada a década dos sesenta.