Publicado o 31 Xullo, 2008 nas categorías Guías_de_viaxe, Noticias
Acaba de aparecer nas librarías a Guía dos camiños do Eume, a primeira guía sobre o Parque Natural das fragas do Eume, preparada por Chano Eiroa. A guía está dispoñible tamén en castelán.
O río Eume percorre algúns dos ecosistemas máis valiosos e á vez máis ameazados de Galicia. As turbeiras da Serra do Xistral e as fragas do Eume.
Ler máis →
Publicado o 31 Xullo, 2008 nas categorías Críticas, Entrevistas, Presentacións, Xerais_nos_medios
Xosé Manuel Eyré publica unha moi gabanciosa crítica d’ As mellores intencións, a novela de Begoña Paz. Así mesmo, en Galicia hoxe publica unha entrevista coa autora. As mellores intencións será presentada na Feira do Libro da Coruña, o vindeiro luns día 4, ás 19:00 horas.
Premer na imaxe para ler o texto.
Ler máis →
Publicado o 29 Xullo, 2008 nas categorías Crónica, Opinións_lectores/as, Xerais_nos_medios
Miguel Anxo Fernán Vello comenta na súa columna de Galicia hoxe a aparición dos libros máis recentes de Manuel Rivas, Os Grouchos, e Suso de Toro, Outra Galiza.
Ler máis →
Publicado o 26 Xullo, 2008 nas categorías Infantil, Merlín, Noticias, Traducións
A portuguesa editorial Deriva anuncia a tradución do conxunto dos volumes da serie “As aventuras de Said e Sheila” de Ramón Caride e publicados orixinalmente en galego na nosa colección Merlín. Á tradución de Perigo vexetal, xa no mercado e incluída no Plan Nacional de Leitura, uniranse as de Ameaza na Antártida, O futuro roubado e A negrura do mar.
Ler máis →
Publicado o 26 Xullo, 2008 nas categorías Narrativa, Traducións, Xerais_nos_medios
A Nosa Terra faise eco da noticia da próxima aparición en Xerais Narrativa das traducións dos libros de relatos máis recentes de Quim Monzó e Sergi Pamies.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2008 nas categorías Noticias
A Asociación Galega de Editores renovou na asemblea ordinaria, celebrada o pasado martes, a súa xunta directiva para os dous vindeiros anos. Á fronte da entidade profesional dos editores galegos continuará como presidente Alfonso García Sanmartín, director de Rodeira-Edebé.
Ler máis →
Publicado o 23 Xullo, 2008 nas categorías Autores, Xerais_nos_medios
Galicia hoxe informa do encontro que autores e autoras da editorial (Manuel Rivas, Suso de Toro, Rosa Aneiros, Fina Casalderrey e Xosé Luís Méndez Ferrín) mantiveron na Facultade de Filoloxía de Santiago con ex alumnos de Cursos de Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros da USC. Unha foto importante para a historia, que recollemos con orgullo e agradecemento.
Ler máis →
Publicado o 23 Xullo, 2008 nas categorías Noticias, Presentacións
Manuel Rivas presentou en Barcelona Os libros arden mal. O acto, ao que asistiron seiscentas persoas, celebrouse no auditorio de Caixaforum da Fundació “La Caixa”. Como nas presentacións realizadas en Galicia, estivo acompañado polos músicos Marcos Meléndez, Gastón Rodríguez e Pulpiño Viascón. O prezo da entrada era de 4 €.
Ler máis →
Publicado o 23 Xullo, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Reproducimos o parágrafo que pecha a interesante crítica que, sobre Festina lente , publica no seu blog “Arume dos Piñeiros“.
“Festina lente devórase a modo e, ao tempo, deleita a ritmo trepidante. A áncora retén ao lector desexoso de non rematar a historia e o golfiño empúrrao ao final, interesado, intrigado coa vida de Ambrosio Cavaleiro e a dos seus libros.
Ler máis →
Publicado o 22 Xullo, 2008 nas categorías Presentacións
Xerais participará nos seguintes actos da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto:
1 venres, ás 20,00 h. Suso de Toro asina Outra Galiza.
1 venres, ás 20,00 h. Presentación de Recordar doe de Herminio Barreiro. Intervirán: Narciso de Gabriel, Manuel Bragado e o autor.
2 sábado, ás 19,00 h. Presentación de Os Grouchos e recital poético “A luz do faro” de Manuel Rivas.
3 domingo, ás 20,30 h.
Ler máis →
Publicado o 22 Xullo, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Recomendamos a lectura da reportaxe aparecida no suplemento “Culturas” onde entrevistan a seis escritores galegos menores de 35 anos para unha conversa en torno aos novos trazos que caracterizan á literatura do país. A reportaxe complétase co artigo “Xa están aquí” de Ramón Nicolás.
Ler máis →
Publicado o 21 Xullo, 2008 nas categorías Autores, Entrevistas, Premios
Segundo informa hoxe no seu blog o xornalista Perfecto Conde o próximo luns, 28 de xullo, ás 13 horas, no pazo do Concello de Ferrol, terá lugar o acto de homenaxe do mundo das letras ao escritor Ramiro Fonte.
Ler máis →