Publicado o 31 Agosto, 2008 nas categorías Fóra de Xogo, Narrativa, Noticias, Traducións, Xuvenil
Poderosa de Sèrgio Klein é un dos maiores éxitos da literatura xuvenil recente no Brasil. Traducida por Mercedes Pacheco Vázquez aparece esta semana en Fóra de Xogo para conquistar milleiros de lectores en galego.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2008 nas categorías Fóra de Xogo, Narrativa, Noticias, Premios, Xuvenil
Esta semana aparecerá nas librarías galegas Proxecto bolboreta de Andrea Maceiras, a obra gañadora do Primeiro certame de Micronovela convocado polo concello de Soutomaior. Esta é a primeira obra que publica esta xove narradora de Cambre, estudante de Filoloxía na Universidade da Coruña.
Ler máis →
Publicado o 29 Agosto, 2008 nas categorías Narrativa, Xerais_nos_medios
Galicia hoxe publica unha reportaxe sobre Os nomes de traidor, a máis recente novela de Xurxo Sierra Veloso.
Ler máis →
Publicado o 29 Agosto, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Reproducimos o texto da crítica de Renacer de Xabier Paz, publicada por Xosé Carlos Caneiro no suplemento Culturas de La Voz de Galicia o pasado 2 de agosto.
Son tres as novelas de cariz histórico que nos regalou Xerais nos últimos meses e que denotan, fundamentalmente, o olfato excelso dos seus editores. A Venus de cristal de Chelo Suárez, Festina lente de Marcos S. Calveiro e Renacer de Xabier Paz.
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Ler máis →
Publicado o 6 Agosto, 2008 nas categorías Presentacións, Xerais_nos_medios
Martin Pawley recolle no seu blog a súa crónica de varias das presentacións de libros de Xerais celebradas na Feira do Libro da Coruña.
Ler máis →
Publicado o 5 Agosto, 2008 nas categorías Narrativa, Presentacións, Xerais_nos_medios
Rubén Ruibal publica no seu blog unha crónica do que foi a presentación de Festina lente de Marcos Calveiro na Feira do libro da Coruña.
Ler máis →
Publicado o 4 Agosto, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Galicia hoxe publica unha longa entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Carme Blanco, a raíz da presentación de Atracción total na Feira do Libro da Coruña. A autora lucense afirma que “Atracción total entrelaza historias, como a dos amantes de Augas Santas ou a de Xoana Capdevielle, coa arte pobre de muller dos retallos. É un canto á vida, ao amor e á liberdade. E di: Punto G Galicia. Gocemos.
Ler máis →
Publicado o 1 Agosto, 2008 nas categorías Cómic, Noticias
No Salón Viñetas do Atlántico, que se celebrará na Coruña dende o 11 ao 17 deste mes de agosto, será presentado Terra libre, o novo libro de cómic de Fran Jaraba. Terra libre é, tras Cita na Habana e Campos de Cuba, a terceira entrega da serie de álbums, protagonizada por Maxi Torres, nas que se narran os acontecementos do alzamento independentista cubano de 1897.
Ler máis →
Publicado o 1 Agosto, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Traducións, Xerais_nos_medios
A prestixiosa revista literaria portuguesa Os meus livros (a única dedicada esxlusivamente aos libros en Portugal) dedica unha páxina para recomendar as edicións en portugués d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz e Dragona de Xavier Queipo.
Premer sobre a imaxe para ler o texto.
Ler máis →