Publicado o 30 Setembro, 2008 nas categorías Ensaio, Infantil, Narrativa, Noticias, Sopa de Libros, Traducións, Xabaril, Xuvenil
Hoxe con motivo do Día Internacional de Tradución, Valentín Arias López, un dos tradutores pioneiros na editorial, recibirá unha merecida homenaxe nun acto que se celebrará, ás 19:00 horas, no auditorio do centro sociocultural de Caixanova de Vigo.
Valentín Arias López naceu en Sarria en 1934.
Ler máis →
Publicado o 29 Setembro, 2008 nas categorías Infantil, Noticias
Esta semana chega ás librarías Amancio Amigo e o demo da botella, a segunda entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao, protagonizadas por Amancio Amigo.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2008 nas categorías Autores, Noticias
A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu máis profundo pesar polo falecemento de Xesús R. Jares, autor e colaborador da editorial dende hai dúas décadas. Xesús R. Jares foi Catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña, cátedra que obtivo co perfil «Modelos de Educación para a Paz e o Desenvolvemento». Desde 1983 coordinou o colectivo Educadores pola Paz de Nova Escola Galega.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Traducións
Está a piques de chegar ás librarías A porta de Mayo a novela de Gonzalo Moure e Tina Blanco, traducida ao galego por Jaureguizar.
Pódese ganar unha guerra e perder todas as batallas. Pódense gañar todas as guerras e perder todas as batallas dunha familia. Ata a loucura, ata a morte. Una tumba nun prado, acarón dun torreón. Patricio Mayo inventa cada vez unha historia distinta para agachar a súa verdade.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2008 nas categorías Fóra de Xogo, Traducións, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Xosé Manuel Eyré pregúntase no seu blog se Poderosa non será o novo Harry Potter. Recollemos un fragmento da súa anotación:
A novela é interesante. Xustamente iso: interesa. Consegue meter a lector na historia. Familiarízao con ela de xeito moi efectivo. Mañá comezo a escribir a crítica e a reler O profesor de vegliota, hai un par de cousas que necesito comprobar relativas á emotividade narratatorial.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2008 nas categorías Autores, BLG, Teatro, Xerais_nos_medios
Óscar Iglesias publica nas páxinas de «Luces» de El País unha reportaxe sobre a aparición da Obra dramática de Francisco Taxes preparada por Xurxo Taxes Díaz.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Traducións
O vindeiro luns, 29 de setembro, no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Stirling (Escocia), o escritor escocés James Salter, autor d’ A idade da auga, impartirá unha conferencia que leva por título «Porque escribiu un escocés un libro en galego?».
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2008 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Xerais_nos_medios
María Navarro publicou no Faro da Cultura de onte unha crítica sobre Os piratas da illa da esperanza, a novela de X. Rivadulla Corcón publicada en Merlín e ilustrada por Adrián Solleiro.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Armando Requeixo publicou onte no Faro da Cultura unha crítica sobre Os nomes do traidor, a novela de Xurxo Sierra Veloso.
Ler máis →
Publicado o 25 Setembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Traducións
Tal como se anunciara en xeraisblog, xa están no prelo as traducións dos libros de relatos de Quim Monzó e Sèrgi Pamies, dous dos autores da narrativa catalana contemporánea máis aclamados polo público e recoñecidos pola crítica.
Ler máis →
Publicado o 24 Setembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Teatro, Voces á orella
Xa está ultimado o calendario das oito representacións d’ O club da calceta, a adaptación da novela homónima de María Reimóndez preparada por Teatro do Morcego, dentro da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia.
Monforte, 3 e 4 de novembro, 11:30 horas, Edificio Multiusos.
Ler máis →
Publicado o 23 Setembro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Ramón Nicolás publicou o pasado 2 de agosto no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha crítica sobre O profesor de vegliota, a novela de Manuel Veiga publicada en Xerais Narrativa. reproducimos o texto:
METÁFORA DA DESTRUCIÓN.
Ler máis →