Publicado o 16 Outubro, 2008 nas categorías Crónica, Entrevistas, Xerais_nos_medios
Herminio Barreiro, autor de Recordar doe, é entrevistado por Iago Martínez en Tempos. Recollemos varios fragmentos:
Aos vinte anos nin doe recordar nin doe nada, pero a unha certa idade si. Recordar doe porque é tomar conciencia do paso do tempo. Por que hai unha certa amargura no que se lembra? Porque xa non existe. Nin a vivencia nin o espazo da vivencia. Desapareceu.
Ler máis →
Publicado o 16 Outubro, 2008 nas categorías Noticias, Xuvenil
Hoxe entrou no almacén un dos libros máis agardados do ano, O libro das viaxes imaxinarias escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas. Chegará ás librarías a vindeira semana e será presentado 13 de novembro, ás 20:00 horas na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña. Un libro inusualmente fermoso de formato esvelto e páxinas despregables.
Ler máis →
Publicado o 16 Outubro, 2008 nas categorías Noticias, Poesía
Chegan do prelo os primeiros exemplares de Reversos. (Días adiados), o derradeiro poemario do poeta Ramiro Fonte, falecido o pasado sábado, 11 de outubro.
Continuando co ciclo de poemas complementarios de formas clásicas, recompilado en A rocha dos poscritos (Xerais 2005), Fonte ofrece un libro memorable.
Ler máis →
Publicado o 16 Outubro, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Xabier Paz, o autor de Renacer, é entrevistado por A Nosa Terra. Reproducimos dous fragmentos:
Topei coa figura de Aretino que era escritor e tamén cos seus amigos: Sansovino, arquitecto, e o pintor Tiziano. Unha impresionante concentración cultural nun momento de por si brillante para a cultura. Intereseime neles, sen pensar nunha novela.
Ler máis →
Publicado o 16 Outubro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Francisco Martínez Bouzas publica en Faro da Cultura unha crítica de Renacer, a novela de Xabier Paz.
Ler máis →
Publicado o 15 Outubro, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Traducións, Xerais_nos_medios
Xosé Manuel Pereiro entrevista hoxe a Manuel Rivas na edición de Galicia de El País debido á recente nominación da súa novela L’éclat dans l’abyme (tradución ao francés de Os libros arden mal) como finalista do prestixioso Premio Médicis. Rivas anuncia nesta entrevista a próxima aparición da súa nova obra, A corpo aberto (unha ollada indie), que publicará Xerais a finais do vindeiro mes de novembro.
Ler máis →
Publicado o 14 Outubro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Ramón Nicolás publicou na edición do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado sábado 11 de outubro unha crítica sobre a novela de Begoña Paz As mellores intencións. Reproducimos o texto.
Ler máis →
Publicado o 14 Outubro, 2008 nas categorías Adiantos_para_ler, Narrativa, Premios
Xa pode baixarse un fragmento de lectura d’ O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar premiada co Terra de Melide 2008.
Ler máis →
Publicado o 12 Outubro, 2008 nas categorías Autores, Noticias
Os actos de despedida de Ramiro Fonte realizaranse, mañá luns, 13 de outubro, en Pontedeume.
Os seus restos mortais velaranse, a partir das 11 da mañá e ata as 17 horas, na Casa do Concello de Pontedeume.
Ás 17:00 horas sairá a comitiva funebre en dirección ao cemiterio da vila.
Ás 18:00 horas oficiarase unha misa funeral na igrexa parroquial de Santiago.
Ler máis →
Publicado o 12 Outubro, 2008 nas categorías Autores, Noticias, Xerais_nos_medios
Hoxe son numerosas as mostras de pesar expresadas polo falecemento do escritor Ramiro Fonte:
Manuel Bragado: «Ramiro Fonte», Faro de Vigo.
Ramón Loureiro: «Un creador para a eternidade», «Última entrevista», La Voz de Galicia.
Ágatha de Santos: «Morre o poeta galego Ramiro Fonte», Faro de Vigo.
A.R. López: «Unha icona da Xeración dos 80», «Adeus Norte», Galicia hoxe.
Fran P.
Ler máis →
Publicado o 11 Outubro, 2008 nas categorías Autores, Noticias
A dirección e o cadro de persoal de Edicións Xerais de Galicia amosa o seu máis fondo pesar polo falecemento do escritor Ramiro Fonte, autor da editorial dende hai vinte e cinco anos. O pasado venres acabárase de imprimir Reversos, o longo poemario de versos de formas clásicas medidas, que escribira durante os últimos meses e que a editorial tiña previsto publicar este mes de outubro.
Ler máis →
Publicado o 10 Outubro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Premios_Xerais
Xa está no prelo O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González gañadora da XXV edición do Premio Xerais 2008.
O xardín das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade.
Ler máis →