Publicado o 9 Outubro, 2008 nas categorías Noticias, Premios, Traducións
Jean Marie Gustave Le Clèzio obtivo hoxe o Premio Nobel de Literatura 2008. Xerais publicou en 1987, dentro da colección Xabarín (daquela dirixida por Luís Mariño e X.L. Méndez Ferrín), Mondo e outras historias, o seu, ata agora, único título en galego. En 1989 a tradución de Valentín Arias e Raquel Villanueva obtivo o Premio Ramón Cabanillas e o Premio Nacional á mellor tradución.
Ler máis →
Publicado o 9 Outubro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
Están a piques de chegar da imprenta os primeiros exemplares d’ O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008. Unha novela que alén dunha homenaxe ao teatro shakespereano (como o que mellor reflite as paixóns humanas), constitúe, tras unha trama de intriga, unha reflexión sobre o espectáculo, o escape das vidas, a soidade e unha sociedade onde non hai posibilidades para o amor.
Ler máis →
Publicado o 9 Outubro, 2008 nas categorías Críticas, Infantil, Teatro, Xerais_nos_medios
Paula Fernández publica no Faro da Cultura de hoxe unha crítica sobre Game over, a peza de Carlos Losada gañadora do IIº Premio Manuel María de literatura dramática infantil.
Ler máis →
Publicado o 8 Outubro, 2008 nas categorías Cómic, Entrevistas, Noticias, Presentacións, Xerais_nos_medios
O venres, 10 de outubro, ás 19:30 horas, Fran Jaraba presentará na Livraría Torga de Ourense Terra libre, a terceira entrega da triloxía protagonizada polo seu personaxe Maxi Torre. A presentación está encadrada dentro das actividades das XX Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.
Cuba, 1897. A illa vive sumida nunha crúa guerra entre as tropas independentistas -os “mambises”- e o exército colonial.
Ler máis →
Publicado o 7 Outubro, 2008 nas categorías Infantil, Noticias, Presentacións, Teatro
A Biblioteca Municipal de Ames, Berrobambán e Edicións Xerais de Galicia organizan a presentación do libro e DVD Boas noites, de Paula Carballeira, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2006. O acto contará coa participación de Paula Carballeira e os músicos Vadim Yukhnevich, Pablo Pérez e Manolo Panforreteiro. O acto terá lugar na Biblioteca Municipal de Ames (rúa da Raxoeira 14) ás 18:30 horas.
Ler máis →
Publicado o 7 Outubro, 2008 nas categorías Dicionarios, Noticias, Presentacións
O vindeiro xoves, día 9 de outubro, ás 20:30 horas realizarase na Librería Libraida de Gondomar (Rosalía de Castro 13) o acto de presentación do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. No acto acompañará ás autoras Manuel Rico Verea, xefe do Gabinete de Normalización da Secretaría Xeral de Política Lingüística na Coruña.
Ler máis →
Publicado o 7 Outubro, 2008 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións
O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do volume memorialístico de Herminio Barreiro Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), publicado por Edicións Xerais de Galicia. No acto, que terá lugar o vindeiro xoves 9 de outubro, ás 19 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra, acompañarán ao autor, Manuel Bragado, Luís Cochón e Daniel Pino.
Ler máis →
Publicado o 5 Outubro, 2008 nas categorías Educación, Narrativa, Noticias, Traducións
Como xa anunciaramos hai dúas semanas a edición en galego de Mal de escola, o máis recente éxito de Daniel Pennac, está a piques de chegar ás librarías. Este encontro entre a autobiografía e o ensaio, Premio Renaudot 2007, foi traducido para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto.
Ler máis →
Publicado o 4 Outubro, 2008 nas categorías BLG, Teatro, Xerais_nos_medios
Lara Rozados publica en A Nosa Terra unha longa reportaxe sobre Francisco Taxes con motivo da publicación da súa Obra dramática na nosa Biblioteca das Letras Galegas, editada polo seu fillo Xurxo.
Ler máis →
Publicado o 4 Outubro, 2008 nas categorías Narrativa, Premios
Xa comezaron as votacións na rede para escoller o «Libro galego do ano», elección promovida polo diario El Progreso e o diario electrónico Galiciae. Entre as quince obras aspirantes, atópanse as seguintes publicadas por Xerais:
Festina lente de Marcos Calveiro (novela).
Atracción total de Carmen Blanco (narrativa).
As mellores intencións de Begoña Paz (novela).
O profesor de vegliota de Manuel Veiga (novela).
Ler máis →
Publicado o 4 Outubro, 2008 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xerais_nos_medios, Xuvenil
María Navarro publica no Faro da Cultura desta semana unha crítica da novela de Agustín Agra, Cazaría salvaxe.
Ler máis →
Publicado o 3 Outubro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Vieiros unha crítica de Festina lente, a novela de Marcos Calveiro que, dende a súa aparición, ven recibindo grande atención por parte da crítica e dos lectores e lectoras. Recollemos un dos parágrafos do texto:
O que máis atrae da novela é que nos presenta un ser solitario. O protagonista Ambrosio Cavaleiro é un gran profesional da encadernación e unha boa persoa.
Ler máis →