Publicado o 2 Outubro, 2008 nas categorías Ensaio, Noticias
A terceira novidade do mes de outubro de «Xerais Ensaio» é O natural é político, a primeira achega ensaística de Teresa Moure ao catálogo da editorial.
Un dos tópicos máis arraigados recoñece Galiza como unha paisaxe: un país verde, de dondas montañas e mil ríos, onde a poboación vive da casa labrega ou do oficio mariñeiro, apegada ao territorio e ao seu.
Ler máis →
Publicado o 2 Outubro, 2008 nas categorías Ensaio, Noticias
Outras das novidades da colección «Xerais Ensaio» deste mes de outubro é Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional , libro de Carlos Taibo, prologado por Xosé Manuel Beiras.
Ler máis →
Publicado o 2 Outubro, 2008 nas categorías Ensaio, Noticias
Acaban de chegar do prelo os primeiros exemplares de Antinaura, o novo ensaio de María Xosé Queizán.
Anti natura é unha viaxe polo saber. María Xosé Queizán descobre as trampas e simplifica as teorías que, desde Aristóteles ata Freud, lexitimaron o patriarcado, deténdose nas distintas concepcións do feminismo e apoiándose nos valores racionais de igualdade e xustiza.
Ler máis →
Publicado o 1 Outubro, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Tras a súa exitosa conferencia en Stirling, o escritor escocés James Salter, autor dos relatos d’ A idade de auga, é entrevistado en Galicia hoxe. Recollemos tres parágrafos do texto:
James Salter naceu en Glasgow pero entre 1972 e 1977 viviu en Suráfrica, na granxa de piñas dos seus avós. Alí aprendeu a falar o khosa, a lingua natal daquela república.
Ler máis →
Publicado o 1 Outubro, 2008 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións
Mañá, 2 de outubro, ás 20:00 horas, celebrarase no Bar Plaza de Riveira a presentación do libro Recordar doe. Memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro. No acto, organizado polo Ateneo Valle-Inclán e Xerais, participarán Santiago Páramo Aller, Manuel Bragado e Herminio Barreiro.
Ler máis →
Publicado o 1 Outubro, 2008 nas categorías Infantil, Noticias, Premios, Presentacións, Teatro
O Salón Teatro de Santiago acolle mañá 2 de outubro ás 11:00 h a presentación en rolda de prensa da estrea absoluta do espectáculo Game over, da compañía Cachuzo Teatro, así como da publicación, a cargo de Edicións Xerais de Galicia, deste texto de Carlos Losada Galiñáns, premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007, dentro da Biblioteca Dramática Galega.
Ler máis →