«O libro das viaxes imaxinarias», crítica en «Culturas»
Publicado o 26 Novembro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Publicado o 26 Novembro, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Lara Rozados entrevista para ANT a Manuel Lourenzo González, autor d’ O xardín das pedras flotantes, novela gañadora do Premio Xerais 2008. Recollemos varios treitos da entrevista: Agora acaba de crear un blog (batume.blogspot.com). Daralle máis xogo aínda o formato dixital para a estrutura da novela… E para a interactividade.
Publicado o 25 Novembro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Presentacións, Xerais_nos_medios
O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do Premio Xerais 2008, tras a súa presentación onte en Pontevedra, suscita o interese de varios medios. Teresa Cuíñas anuncia en El País Galicia o prolongamento da novela no blog do autor. Xosé Manuel Eyré publica duás entregas da crónica da crítica que está preparando.
Publicado o 24 Novembro, 2008 nas categorías Infantil, Merlín, Noticias, Premios_Xerais, Presentacións
O mércores, 26 de novembro, presentarase na Coruña Xenaro e o misterio da mochila verde, a obra de Mar Guerra gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2008. O acto, que se celebrará na Libraría Arenas (Cantón Pequeno 25), a partir das 20:00 horas, contará coa participación de Laura Sáez, Manuel Bragado e a autora. A Xenaro Conese Maiúsculo o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler.
Publicado o 23 Novembro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Presentacións
Enlazamos o texto que leu o escritor Xosé Miranda na presentación en Lugo de Incertos, o libro de relatos de Antón Dobao.
Publicado o 23 Novembro, 2008 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Infantil, Merlín, Narrativa, Premios_Xerais, Presentacións, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Camilo Franco publica en La Voz de Galicia unha entrevista cos tres premiados nos Xerais 2008, Mar Guerra, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil, Marilar Aleixandre do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil e Manuel Lourenzo González do Premio Xerais de novela.
Publicado o 23 Novembro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios_Xerais, Presentacións, Xerais_nos_medios
O luns, 24 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio de Caixa Galicia (Edifcio Café Moderno), presentarase O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González gañadora do premio Xerais 2008. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais, participarán Mario Iglesias, director de cine, Kiko Dasilva, ilustrador e humorista, o director de Xerais e o autor.
Publicado o 23 Novembro, 2008 nas categorías Dicionarios, Ensaio, Noticias
A vindeira semana chegará ás librarías o Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, importante obra de referencia coeditada polo Consello da Cultura Galega e Xerais.
Publicado o 21 Novembro, 2008 nas categorías Ensaio, Entrevistas, Presentacións
Hoxe ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia de Vigo presentarase Anti natura, o novo ensaio de María Xosé Queizán. No acto, acompañarán á autora Carme Adán e os actores María Armesto e Xavier Picallo. Anti natura é unha viaxe polo saber.
Publicado o 21 Novembro, 2008 nas categorías Infantil, Teatro, Voces á orella
Nesta semana rematan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia.
Publicado o 18 Novembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
Jaureguizar inicia no seu blog unha serie de anotacións sobre o elenco de personaxes d’ O Globo de Shakespeare. Velaí, a primeira sobre Ricardo, o personaxe central, a segunda, sobre Rosalía, a terceira sobre a señora Quickly, a cuarta sobre Sebe e a quinta sobre Adriana: Ricardo é o personaxe central da miña nova novela, O globo de Shakespeare; cando menos iso lle gusta pensar a el.
Publicado o 17 Novembro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Opinións_lectores/as, Xerais_nos_medios
No magnífico blog Trafegando ronseis aparece unha importante anotación arredor de Mal de escola, o libro de Daniel Pennac. Recollemos o parágrafo co que finaliza o texto: Como aconteceu con Como unha novela, creo que todo o profesorado debería ler este libro, do que podemos gozar en galego grazas á editorial Xerais. E xa me contaredes. Eu seguirei a cavilar.