Publicado o 17 Novembro, 2008 nas categorías Crónica, Noticias
Un país a medio facer é o título do libro de xornalismo do noso compañeiro Fran Alonso que aparecerá nas librarías a comezos do mes de decembro.
Un país a medio facer de Fran Alonso busca as claves da evolución da cultura galega nos últimos vinte anos a través das voces dos protagonistas.
Ler máis →
Publicado o 17 Novembro, 2008 nas categorías Críticas, Ensaio, Xerais_nos_medios
Gustavo Hervella publica hoxe unha crítica sobre o último libro de Carlos Taibo titulada “As faces do nacionalismo”. Recollemos un fragmento:
Carlos Taibo ofrece un valioso material desde o que repensar moitas das discusións que se interesan pola cuestión nacional e a súa relación coa globalización, coa esquerda e o Estado a principios do século XXI.
Ler máis →
Publicado o 17 Novembro, 2008 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Isabel Soto ven de publicar no Lg3 de Culturagalega.org unha crítica de A Cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre, premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, 2008. Recollemos un fragmento:
Con esta obra galardoada co Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, a autora introdúcese nun tema pouco ou nada tratado na LIX galega cal é a violación.
Ler máis →
Publicado o 17 Novembro, 2008 nas categorías Infantil, Merlín, Noticias
Tras o éxito de Minimaladas, Premio Merlín de literatura infantil 2007 da autoría de Carlos López, ilustrado por David Pintor, a mesma parella de autores, agora asinando como Pinto & Chinto ofrece unha entrega continuación da anterior, Novas minimaladas.
Ler máis →
Publicado o 16 Novembro, 2008 nas categorías Infantil, Noticias, Traducións
No labirinto do vento é un volume de contos de fadas, reis, princesas e unicornios nos que a autora brasileira, Marina Colasanti, crea un diálogo entre a súa imaxinación e os sentimentos propios do ser humano: o medo, o desexo e o amor.
Ler máis →
Publicado o 16 Novembro, 2008 nas categorías Infantil, Merlín, Noticias
Vouvos papar de Luz Méndez e Pere Tobaruela é a historia de Tucho e Mucha, dous nenos que conectados polo correo electrónico e o programa de chat, cando xogaban ao «Buscaminas», ao seu xogo preferido, viven unha aventura na Internet cando os chucha o seu ordenador coma se os prendese unha aspiradora.
Ler máis →
Publicado o 15 Novembro, 2008 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Lara Rozados entrevista a Marilar Aleixandre, autora d’ A Cabeza de Medusa, Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil, na edición desta semana d’ A Nosa Terra. Recollemos varios parágrafos:
A novela comeza “O día en que ía ser violada…” anticipando xa a base do conflito, pero despois vai moito máis alá do que se presenta como o drama inicial.
Ler máis →
Publicado o 14 Novembro, 2008 nas categorías Infantil, Noticias, Voces á orella
Seguen as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola
Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia.
Ler máis →
Publicado o 14 Novembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias
Xosé Ramón Pena, gañador do premio Xerais de novela 1987, tras un silencio de varios anos, regresa á novela con A batalla do paraíso triste, unha ficción de espionaxe ambientada na Lisboa salazarista.
Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado que lles permita atinxir a liberdade.
Ler máis →
Publicado o 14 Novembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios_Xerais
A vindeira semana aparecerá nas librarías Conexión Tubinga, a primeira novela de Alberto Canal, finalista do Premio Xerais 2008.
O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus.
Ler máis →
Publicado o 13 Novembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios_Xerais
Acabamos de coñecer a primeira anotación de Batume, o blog aberto por Manuel Lourenzo González ao fío da publicación d’ O xardín das pedras flotantes, premio Xerais de Novela 2008.
Ler máis →
Publicado o 13 Novembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
Antón Dobao presentará Incertos o venres 14 de novembro, ás 20:00 horas na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña 21). No acto estará acompañado polos escritores Darío Xohán Cabana e Xosé Miranda e polo director da editorial.
Ler máis →