Publicado o 12 Novembro, 2008 nas categorías Crónica, Noticias
Coincidindo cos actos organizados en Vigo pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo con motivo do Centenario do pintor Laxeiro, poñerase á venda na segunda semana de decembro Laxeiro por si mesmo, o novo libro de Carlos G. Reigosa.
Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o «eu» primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras, sen intermediarios nin intérpretes, nunha conversa con Carlos G.
Ler máis →
Publicado o 12 Novembro, 2008 nas categorías Crónica, Noticias
O vindeiro 26 de novembro poñerase á venda A corpo aberto, o novo libro de xornalismo de Manuel Rivas.
A corpo aberto de Manuel Rivas é unha viaxe de xornalismo «Indie». Independente, libre, irónica, crítica e de fábrica literaria. A primeira das viaxes describe o lugar imaxinario onde, tras a perda do poder en 2004, se decidiu instalar a España conservadora: o Estado de Apocalipse Permanente.
Ler máis →
Publicado o 11 Novembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
A vida do outro de Carlos G. Reigosa é a obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa 2008 dado a coñecer no día de hoxe. «Que me fixo a min a Transición e a consolidación democrática posterior?» é a pregunta que trata de responder, aos cincuenta e seis anos, o protagonista da obra, o director dun xornal madrileño (de orixe galega), cando despois de ter un amago de infarto se decata que non se coñece a si mesmo.
Ler máis →
Publicado o 11 Novembro, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
O «Diario Cultural» da Radio Galega entrevistou hoxe a Sergi Pamies con motivo da edición da tradución para o galego de Se comes un limón sen facer xestos, realizada por Antón Dobao. A entrevista pódese escoitar aquí.
Ler máis →
Publicado o 11 Novembro, 2008 nas categorías Historia, Noticias
Acaban de chegar do prelo os primeiros exemplares de Historia de Ourense, o novo libro de Marcos Valcárcel. O libro será presentado o sábado, 29 de novembro, ás 19:00 horas no Liceo de Ourense. A continuación, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel celebrarase unha cea-homenaxe de recoñecemento de todos os amigos e amigas ao infatigable labor de Marcos a prol da cultura de noso.
Ler máis →
Publicado o 10 Novembro, 2008 nas categorías Críticas, Presentacións, Xerais_nos_medios
Martín Pawley acaba de publicar no recente número de Protexta (distribuído nos xornais desta fin de semana) unha gabanciosa crítica d’ O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. Libro que será presentado esta semana, o vindeiro xoves, ás 20:00 horas na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña.
Ler máis →
Publicado o 10 Novembro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Traducións, Xerais_nos_medios
A edición francesa da novela de Manuel Rivas Os libros arden mal continúa recibindo unha extraordinaria acollida, velaía recente crítica nas páxinas literarias de Le Monde.
Ler máis →
Publicado o 10 Novembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias
María Reimóndez, a autora d’ O club da calceta acaba de abrir un blog sobre este libro, os libros e a vida. Velaí as intencións da autora na primeira anotación:
Aquí comeza a aventura á que durante tanto tempo me resistín. Mais os fíos do club da calceta chegan xa a tantos lugares que non quero deixar que escapen e que fiquen na escuridade.
Ler máis →
Publicado o 9 Novembro, 2008 nas categorías Autores, BLG, Narrativa, Noticias
A dirección e o cadro de persoal da editorial amosa o seu fondo pesar polo falecemento hoxe do escritor e académico Camilo González Suárez Llanos, coñecido no eido literario como Camilo Gonsar, autor da editorial dende comezos dos anos oitenta.
Camilo Gonsar (Camilo González Suárez-Llanos) (Sarria, 1931 – Vigo 2008). Licenciado en Filosofía e Letras e Dereito.
Ler máis →
Publicado o 9 Novembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Xerais_nos_medios
A periodista Helena Domínguez informa no seu blog que no seo dunha conferencia que Suso de Toro pronunciou na facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona adiantou o tema da súa próxima obra. «Os interrogantes suxeridos por unha foto de seu pai fronte á porta tapiada da súa casa natal, en Zamora, levaron a Suso de Toro a investigar a propia historia familiar, como materia prima literaria da súa próxima obra.
Ler máis →
Publicado o 9 Novembro, 2008 nas categorías Entrevistas, Premios, Xerais_nos_medios
Estela, o suplemento dominical de Faro de Vigo, publica unha longa entrevista de cinco páxinas con Justo Beramendi e Agustín Fernández Paz, os recentes premios nacionais de ensaio e literatura infantil e xuvenil.
Ler máis →
Publicado o 7 Novembro, 2008 nas categorías Noticias, Presentacións
Ler máis →