Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2009

«Amancio Amigo e o demo da botella», crítica en «Faro da Cultura»

«Amancio Amigo e o demo da botella», crítica en «Faro da Cultura»

María Navarro publica hoxe en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Amancio Amigo e o demo da botella, a segunda das entregas da serie protagonizada polo mago creado por Xosé Miranda e ilustrada por Patricia Castelao.

«Conexión Tubinga», primeira crítica

«Conexión Tubinga», primeira crítica

Montse Pena Presas publica hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura» o que é a primeira crítica de Conexión Tubinga, a novela de Alberto Canal, finalista do Premio Xerais 2008.

«O señor Lugrís e a negra sombra», 2ª edición

«O señor Lugrís e a negra sombra», 2ª edición

Está chegando as librarías a segunda edición d’ O señor Lugrís e a negra sombra, a novela máis recente de Luís Rei Núñez. A novela non só conseguiu o apoio dos lectores e lectoras, que supón esta segunda edición, se non que tamén recibiu dous dos máis importantes premios á obra xa editadas: o Premio da Crítica española 2008 e o Premio Irmandado do Libro ao mellor libro do ano 2007.

Entrevista a Xesús Alonso Montero

Entrevista a Xesús Alonso Montero

Jorge Lamas entrevista en La Voz de Galicia ao profesor Xesús Alonso Montero con motivo da chegada ás librarías de Letras Galegas, o máis recente dos seus títulos de ensaio publicados por Xerais.

«Limpeza de sangue», lectura dramatizada

«Limpeza de sangue», lectura dramatizada

O día 26 de xaneiro, luns, ás oito da tarde na sede da SGAE en Santiago, na rúa das Salvadas, realizarase unha lectura dramatizada de Limpeza de sangue, a obra de Rubén Ruibal gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2007. Dirixe Santi Prego e conta cos actores Sergio Zearreta, Josito Porto, Xavier G. Pan, Fernando Morán, Monica García, Mónica Camaño, Xavier Deive e Víctor Mosquera.

«Riofero», novela de Xelís de Toro

«Riofero», novela de Xelís de Toro

Na última semana do mes de xaneiro chegará ás librarías Riofero, a máis recente novela de Xelís de Toro. O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes de Riofero, a última novela de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventureiras, todo serve de alimento ao espírito voraz do río. Un Riofero de lendas e pantasmas.

«Guía das plantas de Galicia», presentación en Gondomar

«Guía das plantas de Galicia», presentación en Gondomar

O vindeiro xoves, 22 de xaneiro, presentarase en Gondomar a Guia das plantas de Galicia de Xosé Ramón García. O acto organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, encadrado no seu ciclo «Queremos tanto os libros», terá lugar ás 20:30 horas na sede do IEM (Avenida da Feira 10, baixo). A presentación do autor correrá a cargo de Xilberte Mando de la Torre.

«Fervenzas Literarias», O mellor de 2008

«Fervenzas Literarias», O mellor de 2008

«Fervenzas Literarias» acaba de dar a coñecer o resultado da enquisa entre os seus lectores para escoller  O mellor de 2008.

«A lúa dos Everglades», crítica de Alfredo Ferreiro

«A lúa dos Everglades», crítica de Alfredo Ferreiro

Alfredo Ferreiro publica no blog «O levantador de minas» unha crítica sobre A lúa dos Everglades, a novela de Xosé Manuel Marcos, Premio de Narrativa Terra de Melide 2007. recollemos o derradeiro parágrafo do texto: […] Mais non foi así.

«Reconquista. Vigo en armas»

«Reconquista. Vigo en armas»

Está a piques de entrar no almacén Reconquista. Vigo en armas de Eduardo Rolland. Este importante libro, editado con motivo do bicentenario da fundación da cidade de Vigo, que introduce ademais novidades historiográficas sobre a cuestión da Reconquista e da Guerra da Independencia en Galicia, estará nas librarías a finais deste mes. A vila de Vigo vive unha época de prosperidade no amencer do século XIX.

Poe, 200 aniversario

Poe, 200 aniversario

Hoxe, 19 de xaneiro, celébrase o 200 aniversario do nacemento ne Boston de Edgar Allan Poe. Mestre do relato curto, sobre todo de terror e misterio, tamén foi iniciador da novela policíaca e de misterio. Traballou como xornalista en varias publicacións de Filadelfia e Nova York. A súa querenza foi ser poeta, mais as necesidades económicas obrigárono a abordar o xénero da prosa.

As novidades de literatura dramática de 2008 por Rubén Ruibal

Na recollida de textos publicados polos medios, que vimos realizando no blog, quedounos atrás o magnífico traballo que Rubén Ruibal publicou o pasado 3 de xaneiro no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia (non está publicado na rede). No longo artigo, que ocupa dúas páxinas, o autor fai un percorrido polas novidades de literatura dramática publicadas en 2008.