Publicado o 31 Marzo, 2009 nas categorías Ensaio, Presentacións
O xoves, 2 de abril, ás 20:00 horas, na sala de conferencia s da Fundación Caixa Galicia de Pontevedra, terá lugar un diálogo arredor do libro O natural é político, entre a súa autora, Teresa Moure, e o editor Manuel Bragado. O acto está organizado polo Ateneo de Pontevedra.
Ler máis →
Publicado o 31 Marzo, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Traducións
Suso de Toro acaba de chegar de Ivrea onde presentou a edición italiana de Home sen nome. A tradución dende o galego, preparada por Fabio Angelli, apareceu na editora Gran Via baixo o título de Uomo senza nome.
Ler máis →
Publicado o 31 Marzo, 2009 nas categorías Infantil, Merlín, Noticias, Premios, Presentacións, Xuvenil
Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Xerais ten previsto realizar os seguintes actos:
1 de abril, mércores, a partir das 18,00 horas, Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2008, asinará exemplares de O único que queda é o amor e do resto da súa obra, no departamento de libraría de El Corte Inglés de Vigo.
Ler máis →
Publicado o 31 Marzo, 2009 nas categorías Autores, Poesía
A AELG organiza o 17 de abril en Vigo unha homenaxe a Ramiro Fonte. O acto terá lugar ás 19:30 horas nas instalacións da Fundación Caixa Galicia de Vigo (Rúa Policarpo Sanz). No recital póetico intervirán os poetas X.M. Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Ignacio Chao, María do Carme Kruckemberg, Xulio López Valcarcel, Gonzalo Navaza, Román Raña, Xavier Rodríguez Baixeras, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xavier Seoane.
Ler máis →
Publicado o 30 Marzo, 2009 nas categorías Lingua, Monografías, Noticias
Acaban de chegar da imprenta os primeiros exemplares Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica do editor Juan L. Blanco Valdés. O libro esta prologado polo galego José Martínez de Sousa, unha das maiores autoridades en edición técnica e ortotipografía. Este primeiro manual de edición en galego presentarase coincidindo co vindeiro 23 de abil, día internacional do libro e dos dereitos de autor.
Ler máis →
Publicado o 30 Marzo, 2009 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas« de La Voz de Galicia do pasado sábado unha crítica d’ A cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.
Ler máis →
Publicado o 30 Marzo, 2009 nas categorías Infantil, Merlín, Opinións_lectores/as, Xerais_nos_medios
Recollemos a anotación que sobre O sombreiro chichiriteiro, o recente álbum de Manuel Rivas e Patricia Castelao, publican o blog Trafegando ronseis:
Proliferan ultimamente os libros infantís con desigual resultado, salvados en moitas ocasións polas fermosas ilustracións que acompañan uns textos que dáme a impresión non chegan en moitas ocasións a nenos e nenas.
Ler máis →
Publicado o 29 Marzo, 2009 nas categorías Educación, Narrativa, Opinións_lectores/as, Xerais_nos_medios
Recollemos a anotación que sobre Mal de escola de Daniel Pennac publica Cesare no seu blo As túas balas.
I
Os estudantes son agora moito peores ca antes –dime un profesor universitario de 31 anos–. O outro día púxenlles ao grupo B un exercicio que fago todos os anos: teñen que preparar unha noticia e locutala como se fose un telexornal, metendo a cabeza por unha tele de cartón.
Ler máis →
Publicado o 29 Marzo, 2009 nas categorías Opinións_lectores/as, Poesía, Xerais_nos_medios
Recollemos o comentario que sobre Ámote vermella, o poemario de Claudio R.Fer, ilustrado por Sara Lamas, publica o blog Trafegando ronseis.
Claudio Rodríguez Fer xunto coa ilustradora Sara Lamas presentan un libro fermoso tanto pola edición como pola idea: un poemario dedicado ás mulleres represaliadas e esquecidas da nosa terra: Ámote vermella.
Ler máis →
Publicado o 29 Marzo, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Armando Requeixo publica unha crítica en Protexta 09 d’ A batalla do paraíso triste, a novela de Xosé Ramón Pena.
Ler máis →
Publicado o 29 Marzo, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Lara Rozados publicou unha crítica en Protexta 09 d’ O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do Premio Xerais 2008.
Ler máis →
Publicado o 29 Marzo, 2009 nas categorías Autores, Narrativa, Noticias, Premios
Xabier DoCampo e Marcos Calveiro recibiron onte á noite no Carballiño os premios «Irmandade do libro» 2009 outorgados pola Federación de Libreiros de Galicia. Xabier DoCampo foi recoñecido na categoría de «autor do ano 2008» e Marcos Calveiro na de «libro do ano 2008» pola súa novela Festina lente que recibe o seu primeiro recoñecemento.
Ler máis →