“Monte Louro”, crítica de Ramón Nicolás
Ramón Nicolás publicou o sábado, 20 de xuño, nas páxinas do suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia unha crítica preciosa de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez gañadora do Premio Blanco Amor 2009.
Publicado o 22 Xuño, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios, Xerais_nos_medios
Ramón Nicolás publicou o sábado, 20 de xuño, nas páxinas do suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia unha crítica preciosa de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez gañadora do Premio Blanco Amor 2009.
Publicado o 22 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Blogs, Narrativa, Noticias
Daniel Ameixeiro acaba de abrir un blog arredor da súa novela Ramón Piñeiro. Os días ocultos. O autor ten intención de compartir cos lectores no blog non soamente o proceso (como foi nacendo e medrando a historia) senón tamén a documentación que utilizou. Os nosos parabéns a Daniel Ameixeiro pola iniciativa.
Publicado o 21 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Debates, Xerais_nos_medios
Aconsellamos o interesantísimo debate publicado nas páxinas de Xornal de Galicia que protagonizan as escritoras Marilar Aleixandre, María Reimóndez e Marta Dacosta.
Publicado o 21 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Fóra de Xogo, Homenaxes, Infantil, Merlín, Narrativa, Reportaxes fotográficas, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo sobre a obra literaria de Agustín Fernández Paz a raíz da homenaxe de onte en Vilalba. Aquí pode verse o álbum fotográfico da homenaxe, preparado por Paulo Naseiro de A Voz de Vilalba.
Publicado o 20 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Infantil, Sopa de Libros, Xerais_nos_medios
Mar Mato entrevista a Agustín Fernández Paz para Faro de Vigo e para La Opinión da Coruña. A conversa céntrase arredor da aparición nas librarías de Lúa do Senegal, a nova novela de Agustín que recibirá o martes, 23 de xuño, en Teruel o Premio Nacional de Literatura Infantil 2009.
Publicado o 20 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Homenaxes, Narrativa, Opinións_lectores/as, Xerais_nos_medios
Con motivo da homenaxe que lle tributa hoxe a AELG en Vilalba e a entrega do Premio Nacional de Literatura Infantil o vindeiro martes en Teruel, Agustín Fernández Paz é entrevistado de forma extensa por Iago Martínez en Xornal de Galicia.
Publicado o 19 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Homenaxes, Poesía
Manuel María e Bernardino Graña serán os protagonistas mañá, sábado 20 de xuño, dunha serie de actos de homenaxe organizados polo concello de Moaña. As 19:30h inaugurarase a Rúa Bernardino Graña. Despois, interpretarase a Marcha do Antigo Reino de Galiza. No acto intervirán o Alcalde de Moaña e representantes da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Publicado o 19 Xuño, 2009 nas categorías Adiantos_para_ler, Descargas, Narrativa, Premios_Xerais
Aquí pode descargarse en pdf un capítulo das primeiras probas de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009.
Publicado o 19 Xuño, 2009 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Xerais_nos_medios
Paula Fernández publicou no Faro da Cultura de onte unha crítica d’ O sombreiro Chichiriteiro, o álbum escrito por Manuel Rivas e ilustrado por Patricia Castelao. Reproducimos o texto na súa totalidade. O sombreiro Chichiriteiro, a primeira obra infantil de Manuel Rivas, amosa o regreso do autor coruñés á literatura de ficción pois dende Os libros arden mal as súas publicacións centráranse no ensaio xornalístico.
Publicado o 18 Xuño, 2009 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Premios, Xerais_nos_medios
Manuel Jabois publica hoxe en Diario de Pontevedra unha entrevista con Luís Rei Núñez coincidindo coa presentación en Pontevedra de Monte Louro, a novela gañadora do premio Blanco Amor 2009. Recollemos algúns dos parágrafos dun texto moi interesante: Eu quería satisfacerme a min mesmo. En parte, tamén, aínda que iso influíu menos, tiña como ambición encher un oco que ao meu ver existía na literatura galega.
Publicado o 17 Xuño, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións, Xuvenil
A libraría Libraida de Gondomar acolle o venres 19 de xuño, ás 20.30 horas, a presentación de O libro das viaxes imaxinarias, a última obra de Xabier P.Docampo, ilustrada por Xosé Cobas Gómez. Ao acto asistirán o autor e o ilustrador e estará presentado polo escritor e profesor Gonzalo Navaza.
Publicado o 17 Xuño, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Presentacións
Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, será presentada o vindeiro xoves, 18 de xuño, ás 20:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia, Edificio Café Moderno de Pontevedra. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e a editorial, participarán Armando Requeixo, Manuel Bragado e o autor.