Publicado o 29 Setembro, 2009 nas categorías Autores, Crónica, Ensaio, Entrevistas, Xerais_nos_medios
Con motivo da publicación en España das edicións d’ A deleiba do mundo, o máis recente libro de ensaios de Amin Maalouf, hoxe son moi numerosas as entrevistas co grande autor franco-libanés. Europa Press, EFE, El País, ABC, El Mundo recollen as declaracións dun Maaoluf esperanzado que reivindica, como no seu ensaio, «o investimento en cultura como investimento en paz cívica».
Ler máis →
Publicado o 28 Setembro, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
O vindeiro xoves, 1 de outubro, ás 20:00 horas presentarase na Coruña Pirata, a novela máis recente de María Reimóndez. No acto, que terá lugar na Sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae, acompañaran á autora a escritora Yolanda Castaño, o músico Xabier Díaz e o editor Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 25 Setembro, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Presentacións
Hoxe, venres 25 de setembro de 2009, ás 20:00 presentarase na Casa do Libro de Vigo Mercurio, a novela de Emilio Alonso gañadora do Premio La Voz de Galicia 2008. O editor Manuel Bragado acompañrá ao autor.
Ler máis →
Publicado o 24 Setembro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios, Xerais_nos_medios
Laura Caveiro publica en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Monte Louro, a novela de Luís Rey Núñez gañadora do Premio Blanco Amor de novela 2009.
Ler máis →
Publicado o 24 Setembro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Dolores Martínez Torres publica hoxe en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. Baixo o título de «Intimismo e aventura», Martínez Torres salienta que en Pirata se reinterpretan, cun discurso parello ao feminismo lésbico, as biografías de Anne Bonny e Mary Read, compoñentes da tripulación de Calico Jack, un dos piratas do século XVIII.
Ler máis →
Publicado o 23 Setembro, 2009 nas categorías Críticas, Infantil, Sopa de Libros, Xerais_nos_medios
Isabel Soto publica en «lg3» a súa crítica de Lúa do Senegal, a máis recente novela de Agustín Fernández Paz, ilustrada por Marina Seoane. A autora salienta que neste novela protagonizada por unha rapaza de dez anos que ten a lúa como confidente Fernández Paz «plasma unha vez máis a súa visión do mundo e faino creando unha voz narrativa intensa, madura e reflexiva».
Ler máis →
Publicado o 22 Setembro, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Noticias, Premios, Televisión, Xerais_nos_medios
Carlos Reigosa visita esta noite o programa «Libro aberto» (TVG, 00,30 horas) para falar da súa novela máis recente, A vida do outro, premio Torrente Ballester 2008.
Ler máis →
Publicado o 22 Setembro, 2009 nas categorías Guías_de_viaxe, Natureza, Noticias
Acaban de entrar no almacén senllas edicións en galego e castelán da Guía do Courel, obra preparada por Javier Guitián Rivera, Luis Guitián Rivera e José Luís Martinez Vilar. Unha proposta para coñecer a terra de Novoneyra, considerada como o corazón natural do noso país. As guías chegarán ás librarías na primeira semana do mes de outubro.
Ler máis →
Publicado o 21 Setembro, 2009 nas categorías Cine, Narrativa, Noticias, Premios, Televisión
O telefilme O club da calceta, dirixido por Antón Dobao e baseado na novela homónima de María Reimóndez, foi escollida para participar na categoría de Mellor Ficción Europea nos premios Prix Europa. Estes galardóns convócanse anualmente para seleccionar os mellores traballos audiovisuais do continente en televisión, radio e novos medios. Os nosos parabéns para Dobao e Reimóndez.
Ler máis →
Publicado o 21 Setembro, 2009 nas categorías Facebook, Noticias, Premios_Xerais, Twitter
Dende hoxe pode visitarse o redeseño do catálogo web de Xerais. As maiores modificacións realizáronse na ficha de cada unha das obras nas que a partir de agora se poderán realizar comentarios e valoracións por parte dos usuarios, ademais de facilitar que os contidos se poidan compartir nas diversas redes sociais.
Ler máis →
Publicado o 21 Setembro, 2009 nas categorías Infantil, Noticias, Premios
Acabamos de coñecer a relación de persoas nominadas ao Premio Astrid Lindgren 2010, que será anunciado o vindeiro 24 de marzo, coincidindo coa Feira do Libro de Boloña. Entre os 168 candidatos (autores, ilustradores e promotores de lectura e institucións de promoción da LIX), pertencentes a sesenta países, atópanse tres dos nosos autores: Fina Casalderrey, Juan Farias e Agustín Fernández Paz.
Ler máis →
Publicado o 20 Setembro, 2009 nas categorías Entrevistas, Fóra_de_colección, Xerais_nos_medios
Irene Pérez Pintos, a autora de Etiqueta para tod@s, é entrevista por A Nosa Terra.
Ler máis →