Publicado o 5 Outubro, 2009 nas categorías Noticias
Hoxe, 5 de outubro, hai trinta anos que se constituía en Vigo a empresa Edicións Xerais de Galicia S.A. Transcorridas tres décadas daquel feito alboral, a nosa editorial publicou 3.200 titulos (tres mil en lingua galega) e vendeu máis de dez millóns de exemplares dun catálogo moi diversificado.
Ler máis →
Publicado o 5 Outubro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios, Xerais_nos_medios
Manuel Rodríguez Alonso publica no «Cartafol de libros» de Vieiros a súa crítica de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Balnco Amor 2009. Para Alonso «o protagonista desta novela nun determinado momento da súa vida esquece quen é. Debe recuperar a súa identidade.
Ler máis →
Publicado o 5 Outubro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Xose Carlos Caneiro recomendou o pasado sábado, 3 de outubro, na súa sección «Club Dandi» do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia a novela Pirata de María Reimóndez. Caneiro considera que Pirata non é unha novela de aventuras, «senón unha novela de pensamento (desas que apenas se editan nas literaturas contemporáneas), onde o primordial é a sua prosa» Reproducimos o texto completo:
Amo as novelas de piratas.
Ler máis →
Publicado o 5 Outubro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Ramón Loureiro publicou o pasado 3 de outubro, sábado, no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica de Ramón Piñeiro, os días ocultos, a primeira novela de Daniel Ameixeiro.
Ler máis →
Publicado o 5 Outubro, 2009 nas categorías Adiantos_para_ler, Críticas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Ramón Nicolás publicou o pasado sábado, 3 de outubro, nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, a primeira crítica de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009.
Ler máis →
Publicado o 4 Outubro, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Homenaxes, Noticias, Poesía, Traducións
Marilar Aleixandre foi homenaxeada o pasado día 30 de setembro polo seu labor como tradutora literaria. Esta homenaxe formou parte dos actos do Día Internacional da Tradución, organizados pola Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, a Asociación de Tradutores Galegos e Asociación Galega de Profesionales da Tradución e da Interpretación, coa colaboración da Consellaría de Cultura e Turismo.
Ler máis →
Publicado o 3 Outubro, 2009 nas categorías Autores, Narrativa, Noticias, Premios, Traducións
Segundo informa hoxe A Nosa Terra, María Reimóndez foi a gañadora da VIIIª edición do Premio Plácido Castro de tradución en lingua galega pola súa versión de Mary Prince, unha escrva das indias occidentais. O premio Plácido Castro é o único neste ámbito que existe en Galicia e está dotado economicamente con 3.000 euros.
Ler máis →
Publicado o 3 Outubro, 2009 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións
O luns, 5 de outubro, ás 20:15 horas presentarase no Liceo de Ourense Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), o libro máis recente do profesor Xesús Alonso Montero. No acto acompañarán ao autor Manuel Peña Rey e o editor Manuel Bragado.
Ler máis →