Publicado o 30 Abril, 2010 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Traducións, Xerais_nos_medios, Xuvenil
ESCRIBIR PARA TRANSFORMAR, ESCRIBIR PARA ATOPARSE
Cando en novembro de 2008 saudei xubilosa, neste mesmo espazo, a chegada ao mundo editorial galego de Poderosa de Sérgio Klein, non me equivoquei. Púideno comprobar agora que veño de rematar Poderosa 2, o regreso das aventuras de Joana Dalva que se vén de tirar na colección “Fóra de Xogo” de Xerais.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2010 nas categorías Fóra de Xogo, Narrativa, Noticias, Premios, Presentacións, Xuvenil
Estes días, coincidindo co inicio da feira do Libro de Compostela, comezan a chegar á slibrarías os primeiros exemplares da novela de Marcos Calveiro gañadora do Premio Lazarillo 2009 de literatura xuvenil O pintor do sombreiro de malvas.
Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2010 nas categorías Autores, Crónica, Entrevistas, Historia, Xerais_nos_medios
Daniel Salgado publica unha longa entrevista nas páxinas de «Luces» de El País Galicia con Ricardo Gurriarán, autor de Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1969.
Gurriarán presentou onte na súa cidade natal, O Barco de Valdeorras.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2010 nas categorías Fóra de Xogo, Noticias, Xuvenil
Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega con Dragal. A Herdanza do Dragón, unha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de “Dragal”, o dragón galego. Dragal.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2010 nas categorías Animación á lectura, Clubs_de_lectura, Merlín, Xerais nos blogs
Moitas grazas ao CEIP Alexandre Bóveda por este magnífico traballo arredor de Contos para levar no peto.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2010 nas categorías Críticas, Infantil, Sopa de Libros, Traducións, Xerais_nos_medios
TENRO E DELICADO
Cama e conto constitúe un texto tenro e delicado que expón unha realidade cotiá. Gonzalo Moure, convencido de que todo o vivimos na intimidade da nosa mente, escribe un conto no que salientan as perspectivas adoitadas; primeiro a da nena, Malva, logo a da nai e superposta a elas, a do lector, mozo e adulto, como complemento do proceso comunicativo que supón o libro.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2010 nas categorías Críticas, Estudos literarios, Xerais_nos_medios
LECTURA AGRADECIDA
Xosé Lois García, para alén do seu estimable traballo como poeta, ten gañado merecidamente a sona de ensaísta e investigador serio e rigoroso. Xusto por iso, a aparición dun novo volume seu é sempre garantía de contribución de interese certo.
O que escribo vese confirmado en Uxío Novoneyra. Revisitado, xenuína achega ao particular cosmos creativo e vital do autor do Courel.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2010 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios, Xuvenil
PERSONAXES ELIXIDOS
Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Tras catro convocatorias, desde a súa creación en 2006 froito dun acordo entre a Fundación Caixa Galicia e Edicións Xerais, o galardón converteuse nun bo seleccionador de tendencias, temas e autores do século XXI dentro do amplo espectro da “literatura xuvenil”, tendo en conta que no xurado participan mozos e mozas.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2010 nas categorías Críticas, Sopa de Libros, Xerais_nos_medios
Blanca Ana Roig Rechou, profesora da USC, inaugura en El Correo Gallego a súa sección sobre Literatura Infantil e Xuvenil cun formidable artigo sobre Lúa do Senegal, a novela de Agustín Fernández Paz, recentemente gañadora do Premio AELG 2010 ao mellor libro infantil e xuvenil de 2010.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2010 nas categorías Autores, Crónica, Entrevistas, Presentacións, Xerais_nos_medios
Acción Contra a Fame e Xerais publican Níxer, un libro solidario sobre o país africano
Sobre os países dese Terceiro Mundo tan afastado para as nosas latitudes só se fala cando hai grandes traxedias que conmoven a Occidente coas imaxes dunha explosión de dor. Cando esa explosión se apaga, o silencio cóbreo todo e o sufrimento segue aí.
Ler máis →
Publicado o 28 Abril, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Montse Dopico entrevista a Marcos Calveiro en Galicia hoxe con motivo da aparición de Settecento. Recollemos algunhas das respostas de Calveiro:
«O que me interesa é a contradición. Por un lado ese control, as delacións, a Inquisición, e por outra banda unha cidade en plena efervescencia cultural, e nese sentido cunha sociedade máis libre… A novela ía titularse A gramática das máscaras.
Ler máis →
Publicado o 28 Abril, 2010 nas categorías Guías_de_viaxe, Noticias
Xa está nas librarías a Guía do Camiño de Santiago para peregrinos, preparada por Antón Pombo, veterano membro da Asociación Galega de Amigos do Camiño.
Esta Guía do Camiño de Santiago para peregrinos de Antón Pombo inclúe o percorrido desde Ponferrada a Compostela a través de 9 etapas coidadosamente descritas.
Ler máis →