Publicado o 31 Maio, 2010 nas categorías Fóra de Xogo, Opinións_lectores/as, Xerais nos blogs, Xuvenil
Tres lectoras do Club Linguason recomendan a novela de Marilar Aleixandre A Cabeza de Medusa
Marilar Aleixandre é Doutora en Bioloxía e Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Actualmente é profesora na Universidade de Santiago de Compostela.
Ler máis →
Publicado o 31 Maio, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
José Miguel Giráldez publicou onte en El Correo Gallego dúas páxinas arredor da publicación de Xuvia-Neda o libro de relatos de Vicente Araguas que está provocando un grand eimpacto na sociedade literaria galega. Recollemos o inicio dunha entrevista moi interesante:
Xuvia-Neda, o obxecto principal desta entrevista, é, como dicimos, unha colección de relatos intensos, nos que o humor está moi presente.
Ler máis →
Publicado o 31 Maio, 2010 nas categorías Narrativa, Opinións_lectores/as, Xerais_nos_medios
A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos, Premio Terra de Melide 2007
Marcos Calveiro recomenda a lectura da obra A lúa dos Everglades, escrita por Xesús Manuel Marcos e premiada en 2007 co Premio Terra de Melide. O autor de Setecentto atopou neste libro unha gran novela que, afastándose dos tópicos da manida literatura da emigración, retrata a vida de diferentes persoas máis aló da súa terra.
Ler máis →
Publicado o 31 Maio, 2010 nas categorías Autores, Homenaxes
O sábado 5 de xuño a Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra a XVI Edición “O/A Escritor/a na súa Terra”, recaendo este ano na figura de Marilar Aleixandre, que será homenaxeada en Santiago de Compostela.
Os actos da homenaxe comezarán ás 11:45 horas coa plantación dun abruñeiro e a descuberta dun monolito preto da rúa Barcelona.
Ler máis →
Publicado o 31 Maio, 2010 nas categorías Autores, BLG, Entrevistas, Poesía, Traducións, Xerais_nos_medios
Dicir na historia da literatura galega contemporánea Mesteres é iluminar un espazo de creación lírica que é marca absoluta de identidade dun dos grandes poetas galegos do noso tempo.
Ler máis →
Publicado o 31 Maio, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Begoña Sotelino publica na edición de hoxe de La Voz de Galicia unha interesante entrevista con Marcos Calveiro con motivo da publicación de Settecento. Reproducímola na súa totalidade.
Ler máis →
Publicado o 31 Maio, 2010 nas categorías Autores, Fóra de Xogo, Narrativa, Presentacións, Xerais_nos_medios
Da man da Asociación Cultural Barbantia, o pasado venres, 28 de maio, Marcos Calveiro presentou as súas dúas novelas máis recentes, Settecento e O pintor do sombreiro de malvas en Serra de Outes. La Voz de Galicia publicou unha crónica do acto no que Calveiro cualificou a literatura galega actual como a mellor do Estado.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2010 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións
O vindeiro martes, 1 de xuño, ás 20:00 horas na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panaderas, 12 da Coruña, presentarase Níxer, o libro publicado por Xerais en colaboración con Acción contra a Fame. No acto participarán tres dos autores, Alfonso Costa, Camilo Franco, Francisco X. Fernández Naval, que estarán acompañados pola responsable en Galicia de Acción contra a Fame, Isabel Iglesias Santos e polo editor Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2010 nas categorías Clubs_de_lectura, Fóra de Xogo, Opinións_lectores/as, Xerais nos blogs
Proxecto pomba dourada de Miguel Vázquez Freire
Arno, ao chegar da escola, atópase a seus pais asasinados. Os pais de Arno eran uns famosos científicos que tiñan un proxecto para mellorar o futuro de Ferrocoruña: o Proxecto Pomba Dourada. Para tentar averiguar algo, métese no ordenador de seus pais e estes danlle pistas para que só el poda acertar o contrasinal, que é MERLÍN.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2010 nas categorías Clubs_de_lectura, Fóra de Xogo, Opinións_lectores/as, Xerais nos blogs
[Unha estrela no vento] A novela de Ledicia Costas segue a ser unha das lecturas preferidas polos rapaces e rapazas dos primeiros cursos da ESO e tamén polos membros do Clube da Lectura.
Está é unha historia que conta a vida dun rapaz de dezasete anos que se chama Miguel Foz. O protagonista na casa cos seus pais e súa irmá pequena Paula e aínda vai ao instituto.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Noelía Díaz entrevista en La Opinión da Coruña a Teresa Moure con motivo da publicación d’ A Intervención.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Sandra Cuíña entrevista en El Correo Gallego a Manuel Portas con motivo da publicación de Denso recendo a salgado, a súa primeira novela.
Ler máis →