Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2010

«O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro, crítica de Ramón Nicolás

AS CORES E AS FRONTEIRAS DA VIDA MARCOS CALVEIRO PUBLICA O “PREMIO LAZARILLO 2009”: UNHA FERMOSA HISTORIA DE AMIZADE NA ENCRUCILLADA DE DÚAS VIDAS QUE SE ENCONTRAN: A DUN ADOLESCENTE E A DO PINTOR VINCENT VAN GOGH Non hai moitas datas deixaba nestas páxinas as impresións suscitadas pola novela Settecento, de Marcos Calveiro.

Marcos Calveiro e Martin Pawley conversan sobre «Settecento»

[kml_flashembed movie=”https://www.youtube.com/v/Wq8MQlzM3-c” width=”600″ height=”450″ wmode=”transparent” /] Conversa entre Martin Pawley e Marcos Calveiro sobre a novela Settecento no marco da Feira do Libro da Coruña. (4 de agosto de 2010). Vía O levantador de minas. Moitas grazas.

Ameixeiras: «Confío no sentido do humor dos dirixentes nacionalistas»

A perda da presenza en San Caetano tras as eleccións do 2009 supuxo unha convulsión no Bloque Nacionalista Galego. O sangue non chegou ao río, pero Diego Ameixeiras decidiu levalo pola súa conta para escribir Asasinato no Consello Nacional, a novela coa que Xerais agarda en setembro unha recepción proporcional ao ascenso do que goza o autor ourensán.

Suso de Toro asinará hoxe na Libraría Nós de Sanxenxo

Hoxe, a partir das 20 horas Suso de Toro estará na Libraría Nós de Sanxenxo (Avenida de Madrid 20), onde asinará exemplares da súa novela máis recente Sete palabras (Premio da Crítica Galicia 2010) e do resto da súa obra.

«Reescrituras do conto popular (2000-2009»

O vindeiro 8 de setembro, ás 13:00 horas será presentado na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia de Santiago Reescrituras do conto popular (2000-2009), o volume que para este ano preparou LIJMI, a rede de investigación das Literanturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico.

Feira do Libro da Coruña, o balance: máis visitantes, redución de vendas

Tras o peche onte da Feira do Libro da Coruña a prensa recolle hoxe o balance dos organizadores. O elevado número de visitantes (200.000) e unha baixa das vendas dun 10% constitúen as dúas conclusións máis salientables. Como xa anunciaramos hai uns días, Luz de Tebra o libro de relatos de Ánxel Vázquez de la Cruz foi un dos libros máis vendidos da Feira.

Xosé Neira Vilas fala de «presenza galega en Cuba» en «Galicia hoxe»

Montse Dopico entrevista para Galicia hoxe a Xosé Neira Vilas, con motivo da presentación na Feira do Libro da Coruña de Presenza galega en Cuba. «Galicia está aínda por descubrir, sobre todo no tema da emigración. Hai moito que revelar”, asegura.

«En castellano no hay problema», presentación en Ribeira

Carlos Callón recupera as fotos e a crónica da presentación o pasado 13 de maio en Ribeira de En castellano no hay problema.

«Non podería escribir sen Twitter», Marcos Calveiro

«Chámome Marcos S. Calveiro e son escritor de tempada outono-inverno. Desta volta, porén, unha entrega para unha editorial madrileña obrigoume a cambiar de ritual e pasar o estío a escribir. Á compaña habitual das miñas cousas favoritas, que sempre invoco coa canción de Coltrane, sumáronse por primeira vez os meus seguidores no Twitter.

«Pensao nao», un roteiro literario da man de Anxo Angueira

[kml_flashembed movie=”https://www.youtube.com/v/FKb7doYbAz0″ width=”600″ height=”450″ wmode=”transparent” /] Fermoso roteiro literario pola xeografía de Pensa nao da man do seu autor Anxo Angueira. Moi recomendable. (10′ 41”).

Xerais na Feira do Libro de Monforte

Xerais prepara o programa dos actos que realizará na Feira do Libro de Monforte de Lemos, que terá lugar do 25 ao 28 de agosto na rúa do Cardeal. O xoves 26 de agosto, ás 19:00 horas Ricardo Gurriarán presentará Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1968.

Suso de Toro, entrevista en «Galicia hoxe»

«Coñecería a Franco» é o título escollido por Adrián Gondar para a entrevista que lle fixo a Suso de Toro publicada por Galicia hoxe.