Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2010

Xosé Neira Vilas fala de «Presenza galega en Cuba»

A Nosa Terra recolle a entrevista a Xosé Neira Vilas realizada por Europa Press con motivo da presentación na Feira do Libro da Coruña de Presenza galega en Cuba.

«Os editores reducirán nun vinte por cento o número de títulos en galego»

Reportaxe de Rodri García en La Voz de Galicia sobre as perspectivas do libro galego con motivo da clasura mañá da Feira do Libro da Coruña.

«Luz de Tebra», o libro máis vendido da Feira do Libro da Coruña

Segundo nota dos organizadores, Luz de Tebra de Ánxel Vázquez de la Cruz é o libro máis vendido na Feira do Libro da Coruña. Así mesmo, a lista de libros máis vendidos do suplemento «El sábado» do Faro de Vigo de 7 de agosto de 2010 sitúa a Luz de Tebra na segunda posición. Os parabéns para Ánxel Vázquez de la Cruz por tan magnífica acollida para o seu libro nas primeiras semanas do seu lanzamento.

«Creo que se pode ler cos oídos», Iolanda Zúñiga

«Chámome Iolanda Zúñiga. Malia a que o meu nome comece a relacionarse coa prosa de ficción, a miña idiosincrasia está vinculada a unha presada de oficios que desenvolvín no pasado e a outros aspectos que me definen case tanto como a escrita, actividades que me seducen, irremediablemente, e que practico sempre que alguén me concede o capricho.

«Denso recendo a salgado» de Manuel Portas, presentación na Feira do Libro da Coruña, luns 9 de agosto, ás 20:00 horas

Denso recendo a salgado, primeira novela de Manuel Portas, será presentada na Feira do Libro da Coruña o luns, 9 de agosto, ás 20:00 horas. No acto acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

«O coitelo en novembro» de Marilar Aleixandre, presentación na Feira do Libro da Coruña, sábado, 7 de agosto, ás 19:30 horas

O coitelo en novembro de Marilar Aleixandre será presentado o sábado, 7 de agosto, ás 19:30 horas na Feira do Libro da Coruña. O libro será presentado polo escritor Xavier Seoane.

Rosa Aneiros, entrevista en «Galicia hoxe»

«Tardes de libro ou praia» é o título escollido por Adrián Gondar para a entrevista que lle fixo á escritora Rosa Aneiros publicada por Galicia hoxe.

Suso de Toro e Vicente Araguas o venres, 6 de agosto, na Feira do Libro da Coruña

Suso de Toro e Vicente Araguas protagonizarán a participación de Xerais na Feira do Libro da Coruña o venres, 6 de agosto. Ás 19:30 horas Suso de Toro asinará exemplares de Sete palabras e do resto da súa obra e ás 20:00 Vicente Araguas presentará Xuvia-Neda acompañado do editor Manuel Bragado.

«Xenaro e a hucha do indiano» de Mar Guerra

La Voz de Galicia faise eco da presentación de Xenaro e a hucha do indiano, a segunda novela de Mar Guerra, que no serán de onte se celebrou na Feira do Libro da Coruña.

Manuel Rivas, o xoves 5, ás 19:00 horas, na Feira do Libro da Coruña

Manuel Rivas asinará na Feira do Libro da Coruña mañá xovés, 5 de agosto, a partir das 19:00 horas, exemplares da nova edición de Todo ben, publicada con motivo do seu vinte e cinco aniversario da aparición da primeira edición.

Xosé Neira Vilas evocará esta tarde a presenza galega en Cuba

Rodri García publica unha entrevista en La Voz de Galicia con Xosé Neira Vilas ao fío da presentación de Presenza galega en Cuba que terá lugar esta tarde, ás 20:00 horas na Feira do Libro da Coruña.

«Settecento», conversa entre Marcos Calveiro e Óscar Sánchez

Moi interesante foi a longa conversa que Óscar Sánchez e Marcos Calveiro mantiveron onte na Feira do Libro da Coruña arredor de Settecento. A conversa foi seguida por varios tuiteiros que foron recollendo algunhas das respostas de Calveiro: “Comezo sempre as novelas polo derradeiro capitulo.”; “Para documentarme leo moitísimo, nas novelas que estou escribindo agora levo case 300 libros; porén nunca tomo notas.