Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2010

«Vázquez de la Cruz desbordou a Feira do Libro da Coruña coa súa “Luz de Tebra”»

Así titulou Rodri García a súa crónica publicada hoxe en La Voz de Galicia da presentación de Luz de Tebra de Ánxel Vázquez de la Cruz. Un acto literariamente brillantísimo que contou, ademais, cunha participación moi numerosa que desbordou amplamente o aforo da carpa da Feira do Libro da Coruña. Os nosos parabéns para Manuel Salorio, Manuel Rivas e Vázquez de la Cruz que realizaron tres intervencións memorables.

«Presenza galega en Cuba» de Xosé Neira Vilas será presentado o mércores, 4 de agosto, ás 20:00 horas, na Feira do Libro da Coruña

Presenza galega en Cuba, o libro máis recente de Xosé Neira Vilas será presentado o mércores, 4 de agosto, ás 20:00 horas na Feira do Libro da Coruña (xardíns de Méndez Núñez). No acto acompañará ao autor o editor Manuel Bragado. A partir das 18:30 horas, Neira Vilas asinará exemplares da súa obra.

«Xenaro e a hucha do indiano» de Mar Guerra, presentación o mércores, 4 de agosto, ás 19:00 horas, na Feira do Libro da Coruña

Xenaro e a hucha do indiano, a segunda novela de Mar Guerra, será presentada o mércores, 4 de agosto, ás 19:00 horas, na Feira do Libro da Coruña. Acompañará á autora o editor Manuel Bragado.

Ánxel Vázquez de la Cruz, entrevista en «La Opinión da Coruña»

Noelia Díaz entrevista para La Opinión da Coruña a Ánxel Vázquez de la Cruz con motivo da presentación esta tarde de Luz de Tebra, o seu primeiro libro de relatos. O pediatra reflexiona ao longo da entrevista sobre as características da obra («na que hai un importante peso do humor e da melancolía) e sobre o papel do médico, unha persoa que está constamente «recollendo as historias que contan os pacientes».

Ánxel Vázquez de la Cruz, entrevista en «La Voz de Galicia»

María Castrillo entrevista para as páxinas de La Voz de Galicia a Ánxel Vázquez de la Cruz con motivo da presentación esta tarde de Luz de Tebra, o seu primeiro libro de relatos. Vázquez de la Cruz recoñece que «nestas historias de ficción construídas a partir de historias vividas» realiza unha «elexía de cada unha das cidades onde viviu, aproveitando para reflexionar sobre cada cidade a partir da xente».

Ánxel Vázquez de la Cruz: «Se ollamos máis alá do inmediato, a vida é moi literaria»

Ánxel Vázquez de la Cruz recrea en Luz de Tebra, o seu primeiro libro de relatos, editado por Xerais, as historias das persoas que foi coñecendo na súa andaina como médico MONTSE DOPICO. A memoria e a ficción. A “patria da infancia” e a lingua. Os lugares. Ou, máis que os espazos, as persoas que os habitan: perdedores, xentes que sufriron a represión, a carencia. A vida.

Faleceu Xosé Luís de Dios

Coñecemos por A Nosa Terra a tristísima nova do falecemento en Tui de Xosé Luís de Dios, unha das figuras máis relevantes da plástica galega das últimas catro décadas.

«Settecento» de Marcos Calveiro, presentación na Feira do Libro da Coruña, o martes 3 de agosto ás 21:00 horas

Mañá, martes 3 de agoto, ás 21:00 horas presentarase na Feira do Libro da Coruña (xardíns de Mendez Núñez) Settecento de Marcos Calveiro. No acto Óscar Sánchez e o editor Manuel Bragado conversarán co autor sobre a novela.

«Luz de Tebra» de Ánxel Vázquez de la Cruz, presentación na Feira do Libro da Coruña, o martes 3 de agosto ás 20:00 horas

Luz de Tebra, o libro de relatos co que se estrea na literatura galega o doutor Ánxel Vázquez de la Cruz, será presentado mañá, martes 3 de agosto, ás 20:00 horas na Feira do Libro da Coruña (xardíns de Méndez Núñez). No acto literario acompañarán ao autor, o doutor Manuel Salorio, o escritor Manuel Rivas e o editor Manuel Bragado. A partir das 19:00 horas, Ánxel Vázquez de la Cruz asinará exemplares do seu libro.

«Asasinato no Consello Nacional», a volta de Diego Ameixeiras

Alberto Ramos anuncia en Xornal de Galicia a publicación inminente da nova novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello Nacional. Unha novela de intriga na que o Alberto Cudeiro, un elegante detective con ínfulas taoístas, debe investigar o crime dun parlamentario do BNG nun momento político decisivo, feito que o levará a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.

«Settecento» de Marcos Calveiro

AS MÁSCARAS DE VIDA Que Marcos Calveiro, tras o seu celebrado Festina lente, decida, en parte non desprezable, continuar a estratexia da novela histórica, ben fundamentada documentalmente, ben artellada tecnicamente –velaí neste caso a estrutura de concerto barroco, presente tamén no ritmo narrativo–, depositando o coidado preciso na expresión e mais na lingua polo que consegue unha peza de lectura áxil e ecos verosímiles re