Publicado o 23 Setembro, 2010 nas categorías Críticas, Infantil, O Club da ciencia, Xerais_nos_medios
Dentro da colección O club da ciencia, que acolle títulos de carácter divulgativo e con contido científico, con temas que abordan, de xeito moi ameno, e a través de historias de ficción, o corpo humano, as plantas, o mundo animal, o universo, todos eles da autoría de Víctor Raga, figura tamén Un furacán chamado Otilia, que se ocupa dos elemento atmosféricos: os estados da auga, que é a atmósfera e cantas capas ten, o ciclo
Ler máis →
Publicado o 23 Setembro, 2010 nas categorías Críticas, Poesía, Xerais_nos_medios
(Retro)visor, de Antía Otero, un dos últimos títulos da colección Poesía de Xerais, é obxecto da valoración crítica por parte de Armando Requeixo no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo.
Ler máis →
Publicado o 21 Setembro, 2010 nas categorías Entrevistas, Fóra_de_colección, Traducións, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Radiofusión (Radios Municipais Galegas) faise eco da saída ao galego de Reckless. Carne de pedra durante o seu lanzamento internacional e, con ese motivo, entrevistaron a María Xesús Bello, tradutora da novela de Cornelia Funke á nosa lingua. Na páxina de Radiofusión, onde se dá conta da nova, poden escoitarse tamén as declaracións da tradutora.
Ler máis →
Publicado o 20 Setembro, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais
Iolanda Zúñiga, gañadora do Premio Xerais de Novela 2010 coa novela Periferia, foi entrevistada este sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia polo crítico Ramón Nicolás.
Ler máis →
Publicado o 20 Setembro, 2010 nas categorías Críticas, Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
No suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado sábado, amais dunha entrevista con Iolanda Zúñiga, autora de Periferia, inclúese unha crítica de Ramón Nicolás nas que, entre outras cousas, asegura que «voces como a de Zúñiga non se poden desaproveitar: espellan un tempo, que é o noso, e fano con honestidade» Pódese ler a crítica completa aquí.
Ler máis →
Publicado o 19 Setembro, 2010 nas categorías Adiantos_para_ler, Autores, Narrativa, Noticias, Xerais_nos_medios
Faro de Vigo e La Opinión da Coruña adiantan hoxe o segundo capítulo de Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas que aparecerá nas librarías galegas o vindeiro 14 de outubro. Unha novela profundamente fermosa chamada a ampliar a base de lectoras e lectores da novela galega. Boa lectura deste adianto.
A páxina en pdf de Faro de Vigo pode baixarse aquí.
Ler máis →
Publicado o 17 Setembro, 2010 nas categorías Artigos literarios, Críticas, Fóra de Xogo, Traducións, Xuvenil
El Correo Gallego publicaba onte un artigo de José Manuel Estévez-Saá sobre Reckless. Carne de pedra, de Cornelia Funke. O autor do artigo destaca o rigor da tradutora, María Xesús Bello Rivas e a decidida aposta de Xerais por este libro.
Ler máis →
Publicado o 16 Setembro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Reportaxes, Xerais_nos_medios
Maré, as páxinas de cultura do Galicia Hoxe, recolle hoxe unha reportaxe sobre as novidades literarias para o próximo outono, baixo o título «Outono de lectura».
Manuel Rivas, Iolanda Zúñiga e Diego Ameixeiras son os tres autores que Xerais vai ofrecer aos seus lectores e lectoras.
Ler máis →
Publicado o 16 Setembro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións, Traducións, Xuvenil
O último libro de Cornelia Funke xa está nas librarías. Con el, o pasado martes Xerais incorporouse por primeira vez a un lanzamento internacional dese tipo, incluíndo a tradución ao galego (autoría de María Xesús Bello) entre as linguas que participaban no evento. A presentación de Reckless. Carne de pedra tivo lugar en Nova York e foi retransmitida en directo por vídeo a través da páxina de fans da autora.
Ler máis →
Publicado o 14 Setembro, 2010 nas categorías Animación á lectura, Autores, Blogs, Fóra de Xogo, Guías_didácticas, Premios_Xerais, Xuvenil
A profa acaba de presentar no seu blog unha completa guía de lectura de Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, que contou coa colaboración da propia autora. A guía de lectura está dirixida, moi especialmente, para o seu uso didáctico co alumnado do 2º ciclo da ESO e Bacharelato.
Ler máis →
Publicado o 14 Setembro, 2010 nas categorías Artigos literarios, Críticas, Crónica, Xerais_nos_medios
O escritor Xosé Neira Vilas publicou o pasado domingo en El Correo Gallego un artigo sobre Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), do profesor e investigador Xesús Alonso Montero, libro que foi Premio Ánxel Casal na categoría de non ficción.
Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) é o título dun libro de Xesús Alonso Montero (Edicións Xerais, 2009). Un libro certamente conmovedor.
Ler máis →
Publicado o 13 Setembro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Traducións, Xuvenil
A partir de mañá estará nas librerías a tradución ao galego de Reckless. Carne de pedra, a última novela de Cornelia Funke. A coidadosa tradución, que levou á cabo María Xesús Bello Rivas, poderá adquirirse nas librerías o mesmo día en que se produce o seu lanzamento mundial nas principais linguas europeas, lanzamento no que tamén participa Xerais.
Ler máis →