Publicado o 29 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Narrativa, Presentacións
Periferia, a novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2010, foi presentada onte en Pontevedra. A información de María Conde, de La Voz de Galicia, recolle as declaracións da autora, Iolanda Zúñiga, cando define a novela como «un cóctel de ficción, música e documentación», nas que tamén asegura que a novela «contén moitoa información de xornais, televisión e Internet», procurando mesturalo todo.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa
O xornalista Manuel Jabois publica unha longa entrevista con Manuel Rivas na Revista do Diario de Pontevedra con motivo da publicación da novela Todo é silencio.
«Pódese estudar a sociedade desde a súa historia delictiva», declara Rivas, «normalmente tendemos a contar a historia dende unha identidade positiva, pero tamén é importante ver o lado escuro.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2010 nas categorías Uncategorized
Acompañando á entrevista que Manuel Jabois publica na Revista do Diario de Pontevedra, o mesmo xornalista dá á luz unha extensa reportaxe de dúas páxinas sobre o narcotráfico en Galicia a partir da novela Todo é silencio, de Manuel Rivas. Así comeza:
«O pobo da última novela de Rivas chámase Brétema e existe, como todo o que pasa na novela, da que o autor galego di que ‘todo é ficción mais todo é verdade’.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Críticas, Narrativa
José Manuel Estévez-Saá publicou onte en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga, libro que foi Premio da Crítica 2010.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Narrativa, Noticias, Presentacións
O coitelo en novembro, a última novela de Marilar Aleixandre, será presentada o vindeiro xoves na libraría Couceiro de Santiago de Compostela.
O acto, que contará coa intervención de Víctor Freixanes, Manuel Bragado e a propia autora, terá lugar ás 20,00 horas, nas instalacións da librería Couceiro (Praza de Cervantes, 6, Santiago de Compostela).
Ler máis →
Publicado o 28 Outubro, 2010 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín
O Faro de Vigo, no suplemento Faro da Cultura, publica hoxe unha recensión crítica de Paula Fernández sobre Xenaro e a hucha do indiano, de Mar Guerra.
Ler máis →
Publicado o 28 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Críticas, Narrativa
O Faro da Cultura (Faro de Vigo) publica hoxe unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras.
Ler máis →
Publicado o 28 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Blogs, Narrativa, Noticias, Presentacións
A escritora Iolanda Zúñiga acaba de abrir un blog sobre a obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2010, Periferia. Precisamente esta tarde terá lugar en Pontevedra a presentación da novela (ás 20,00 horas, na sede da Fundación Caixa Galicia, no Edificio Café Moderno de Pontevedra).
Ler máis →
Publicado o 27 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa
O xornal El Progreso de hoxe recolle unha entrevista que o escritor e xornalista Jaureguizar lle fai a Manuel Rivas con motivo da publicación da súa última novela Todo é silencio.
Ler máis →
Publicado o 26 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Críticas, Narrativa, Premios_Xerais
Manuel Candelas publica no seu blog, Arume dos piñeiros, unha recensión crítica sobre Periferia, a novela de Iolanda Zuñiga que foi Premio Xerais de Novela 2010. A recensión crítica remata con estas palabras: «Eu, con esta Periferia, coloquei xa a Iolanda Zúñiga no máis alto da literatura galega. A ver se cunde o exemplo deste volcán literario que temos aquí diante».
Ler máis →
Publicado o 26 Outubro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
A novela gañadora do Premio Xerais 2010, Periferia, de Iolanda Zúñiga, será presentada este xoves en Pontevedra por Edicións Xerais de Galicia en colaboración co Ateneo de Pontevedra e a Fundación Caixa Galicia.
Ler máis →
Publicado o 26 Outubro, 2010 nas categorías Álbums, Animación á lectura, Infantil
Onte luns léronse no Contomar (o contacontos que organiza Espazo Lectura todos os luns na Biblioteca Municipal de Gondomar) dous álbums da colección Merliño de Xerais: O elefante que non era elefante, de Marta Rivera Ferrer, que narra a historia dun elefante que malia ter grandes orellas, unha bonita cola e unha longa trompa négase a aceptar que é un elefante, e ¿E ti, que farías por min?, de Fina Casalderrey, a historia de amiz
Ler máis →