Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2010

O Concello de Vigo propón a María Xosé Queizán como académica da RAG

O Xornal de Galicia recolle hoxe a nova de que «a Corporación viguesa aprobou por unanimidade no pleno deste luns apoiar a candidatura de ingreso de María Xosé Queizán na Real Academia Galega (RAG), polo seu “activismo cultural” e o seu “valor humano e intelectual”.

Manuel Rivas lerá textos do seu último libro na FNAC da Coruña o próximo venres

Manuel Rivas lerá textos do seu último libro na FNAC da Coruña o próximo venres

O vindeiro venres, 29 de outubro, ás 19,30 horas, Manuel Rivas fará unha lectura de Todo é silencio na FNAC da Coruña. O escritor estará acompañado do músico César Morán. Ao remate, o autor asinará exemplares da súa obra.

«Denso recendo a salgado», de Manuel Portas, presentación en Ourense

«Denso recendo a salgado», de Manuel Portas, presentación en Ourense

O vindeiro venres, 29 de outubro, ás 20,00 horas na Livraría Torga, rúa da Paz, 16, en Ourense presentarase Denso recendo a salgado, a primeira novela de Manuel Portas. Acompañarán ao autor Marta Arribas, Sechu Sende e o editor Manuel Bragado.

«Periferia», de Iolanda Zúñiga: «Esperanza nas favelas»

«Periferia», de Iolanda Zúñiga: «Esperanza nas favelas»

Baixo o título de «Esperanza nas favelas», o Xornal de Galicia recollía o pasado sábado unha recensión de Periferia, Premio Xerais 2010, asinada por XDG.

Artigo de Manuel Gago sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Artigo de Manuel Gago sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

O xornalista Manuel Gago publica no seu blog un artigo sobre Todo é silencio, de Manuel Rivas, no que asegura, entre outras cousas: A prosa de Rivas é poderosa, é unha sucesión de frases de impacto. Recórdame por veces a un videoclip: todo intenso, todo forte, todo ten que impactar.

Diego Ameixeiras: «Non son analista político. Só escribo novelas»

Diego Ameixeiras: «Non son analista político. Só escribo novelas»

O escritor Diego Ameixeiras, que esgotou a primeira edición de Asasinato no Consello Nacional nunha semana, foi entrevistado este sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia polo crítico Ramón Nicolás. «NON SON ENSAÍSTA NIN ANALISTA POLÍTICO.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Asasinato no Consello Nacional»

No suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado sábado, inclúese unha crítica de Ramón Nicolás sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, que reproducimos integramente: Xénero negro e «thriller» político En poucas ocasións un libro, como o que Diego Ameixeiras ofrece desde hai escasas semanas, suscitou tal interese.

Jaureguizar fala da «Guía ilustrada da Galicia invisible» de Antonio Reigosa

Jaureguizar publicou o pasado venres no xornal El Progreso unha crónica literaria sobre a Guía ilustrada da Galicia invisible de Antonio Reigosa, que Xerais acaba de dar á luz: «Antonio Reigosa intuíu hai tempo que existe unha xeografía paralela á que miramos todos os días.

Eyré sobre “Todo é silencio”: “Balzac escribiría hoxe algo polo estilo”

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha anotación na que compila todas as anteriores que publicou arredor de Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas. Adiantamos uns cantos parágrafos da crítica que publicará proximamente na edición dixital do xornal A Nosa Terra: Dicir que é o máis acertado de Todo é silencio non resulta doado.

Crítica de Paula Fernández sobre «¿E ti que farías por min?», de Fina Casalderrey

O Faro de Vigo, no suplemento Faro da Cultura, publica hoxe unha recensión crítica de Paula Fernández sobre ¿E ti que farías por min?, de Fina Casalderrey.

Crítica de Laura Caveiro sobre «Randea do alento», de Herta Müller

Crítica de Laura Caveiro sobre «Randea do alento», de Herta Müller

O Faro da Cultura publica hoxe unha recensión crítica de Laura Caveiro sobre Randea do alento, de Herta Müller, Premio Nobel do pasado ano. Aínda que tamén pode lerse en pdf, reproducímola integramente: Herta Müller e nós O inverno máis profundo De Herta Müller, penúltimo Nobel de literatura, xa podíamos ler en galego O home é un grande faisán no mundo, publicada na serie “As literatas” de Xerais.

Amin Maalouf asegura que Francia vive unha atmosfera parecida ao maio do 68

Amin Maalouf asegura que Francia vive unha atmosfera parecida ao maio do 68

Hoxe, o Faro de Vigo e o Xornal de Galicia, inclúen entrevistas e declaracións de Amin Maalouf, autor libanés traducido ao galego por Xerais que recollerá este venres o Premio Príncipe de Asturias das Letras. Xerais publicou a novela de Maalouf A viaxe de Baldassare (traducida por Xavier Queipo e Dolores Torres)  e o seu recente  e intersantísimo ensaio A deleiba do mundo (traducido por Dolores Torres).