Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2010

Manuel Rodríguez Alonso reflexiona sobre o segredo do éxito de «Asasinato no Consello Nacional»

Manuel Rodríguez Alonso reflexiona sobre o segredo do éxito de «Asasinato no Consello Nacional»

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog Bouvard e Pécuchet unha interesantísima reflexión sobre os motivos do éxito de Asasinato no Consello Nacional, a novela de Diego Ameixeiras.

Crítica de Geovana Gentili sobre «Dragal», de Elena Gallego Abad

El Correo Gallego publicou onte unha recensión crítica de Geovana Gentili sobre a novela Dragal, de Elena Gallego Abad. Dragal, editada na colección Fóra de Xogo e subtitulada «A herdanza do dragón», foi finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009.

Reedicións de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro en Fóra de Xogo

Os últimos libros de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro na colección Fóra de Xogo son obxecto dunha nova edición ante a súa demanda por parte dos lectores e lectoras. Reedítanse os libros Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, que entra na 3ª edición, e O pintor do sombreiro de Malvas, que entra na 2ª edición.

Crítica de Montse Pena Presas sobre «O pintor do sombreiro de Malvas», de Marcos Calveiro

O portal LG3, de Cultura galega.org publica unha recensión crítica da investigadora en literatura infantil e xuvenil Montse Pena Presas sobre O pintor do sombreiro de Malvas, de Marcos Calveiro, publicado na colección Fóra de Xogo, que reproducimos integramente: Lenzo de palabras A novela é un lenzo, un cadro en que os acontecementos suceden paseniño, mais que cando o fan, deixan marcas ben profundas.

Raúl Dans e Xavier Lama, premios Álvaro Cunqueiro de teatro e Manuel María de literatura dramática infantil

Os autores Raúl Dans e Xavier Lama resultaron galardoados onte cos premios Álvaro Cunqueiro de teatro e Manuel María de literatura dramática infantil. Tanto o texto de Raúl Dans, Chegamos despois a unha terra gris, como o de Xavier Lama, Os reloxos preguiceiros de Néboa, serán publicados por Xerais, en coedición con AGADIC, na colección Biblioteca Dramática Galega.

Amin Maalouf, autor de «A viaxe de Baldassare» e «A deleiba do mundo» recibirá este venres o Premio Príncipe de Asturias das Letras

O escritor libanés Amin Maalouf, traducido por Xerais ao galego, recibirá este venres o Premio Príncipe de Asturias das Letras. Amin Maalouf (Beirut, 1949) está considerado como unha das voces máis recoñecidas da literatura árabe. A súa obra sitúase dentro da novela histórica, de inspiración oriental, e recrea espazos de reinvindicación para a convivencia e a tolerancia a través da mestura da realidade e ficción.

Artigo de Jaureguizar sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Artigo de Jaureguizar sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Jaureguizar publicou esta fin de semana un artigo de opinión en El Progreso sobre Asasinato no Consello Nacional: Neste mes de outubro que semella inocuo e mollado produciuse un feito inusual no BNG: a fronte está actuando ao unísono. Todos semellan estaren lendo Asasinato no Consello Nacional (Xerais), de Diego Ameixeiras. Tanta uniformidade lectora unicamente acontecera con Sempre en Galiza (Galaxia), de Castelao.

“Asasinato no Consello Nacional”, crítica de Filipe Díaz

Filipe Díaz publica no blog “Por un BNG de futuro” unha extensa crítica sobre Asasinato no Consello Nacional, a novela máis recente de Diego Ameixeiras. Recomendamos a lectura do texto do que recollemos o seu derradeiro parágrafo: En calquera caso, Asasinato no Consello Nacional é unha lectura recomendable tanto para as persoas interesadas na actualidade política como para os adeptos á novela negra.

«Todo é silencio», crítica de Manuel Candelas no blog Arume dos Piñeiros

Manuel Candelas publica no seu blog Arume dos Piñeiros unha crítica de Todo é silencio. Recollemos apenas un dos parágrafos dun texto no que se analiza moi polo miúdo o texto recente de Manuel Rivas: Esta novela de Rivas Todo é silencio (cuxo título rememora o verso rosaliano) tampouco defrauda esa determinación previa.

«Todo é silencio», primeira crítica, Sandra Faginas en «La Voz de Galicia»

Sandra Faginas publicou hoxe, 16 de outubro, no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia a primeira crítica de Todo é silencio, a novela máis recente de Manuel Rivas.

Manuel Rivas encheu a Praza de Cervantes coas palabras de «Todo é silencio»

Onte tivo lugar a presentación do último libro de Manuel Rivas, Todo é silencio, que se celebrou 19,30 horas, diante libraría Couceiro, coorganizadora do acto. A Praza de Cervantes de Santiago de Compostela acolleu un evento ao aire libre no que tamén estiveron presentes a cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara, así como o editor Manuel Bragado.

O suxestivo universo das historias de Xulio Verne

A crítica e investigadora de literatura infantil e xuvenil Isabel Mociño publiocu o pasado martes un longo artigo en El correo gallego sobre dous libros de Jules Verne publicados por Xerais na colección Xabaril, que recomenda ler: Viaxe ao centro da Terra e A volta ao mundo en 80 días.