Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2010

Jonathan Dunne, conferencia en Vigo

O mércores 13 de outubro, ás 20:00 h., no Centro Social Caixanova de Vigo, Jonathan Dunne, autor da Anthology of  Galician Literature, dará unha conferencia sobre a tradución, titulada O ADN da lingua inglesa, nun acto organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) e a Asociación de Tradutores Galegos (ATG). Haberá música do grupo Kibitka. Fonte: Axenda AELG.

Rivas: «O peor tóxico do narcotráfico foi a creba das defensas éticas da sociedade»

Xesús Fraga publica en La Voz de Galicia unha entrevista a Manuel Rivas con motivo da chegada á slibrarías de Todo é silencio. Recomendamos a lectura dun texto moi interesante do que recollemos algúns parágrafos: Os vieiros da literatura teñen os seus antollos. Hai anos, Manuel Rivas pasaba unha tranquila tarde de lectura entre os penedos da costa cando o sobresaltaron unha serie de estoupidos.

“Contra o silencio”, Daniel Salgado escribe sobre “Todo é silencio”

Baixo o título “Contra o silencio”, Daniel Salgado publica un fermoso comentario sobre Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas. Un texto moi recomendable.

Cando Galicia estivo a punto de ser outra Sicilia, reportaxe de Manuel Rivas en “El País Semanal”

Recomendamos a reportaxe que Manuel Rivas publica en El País Semanal con motivo da publicación de Todo é silencio. A ilustración é de Miguelanxo Prado, como a portada da edición de Xerais.

“Confeso que me mataron”, sobre Asasinato no Consello Nacional”

Alberto Ramos escribe en Xornal de Galicia sobre Asasinato no Consello Nacional, a novela de Diego Ameixeiras: “Confeso que me mataron”. Iso podería escribir algún deputado nacionalista despois de ler Asasinato no Consello Nacional (Xerais). Ameixeiras apuntou e apuntou con tino. Os disparos saíron da súa pluma e acertaron, pero non só á vítima.

Ameixeiras: “Se algo non falta no BNG é autocrítica, pero privada”

Alberto Ramós entrevista en Xornal de Galicia a Diego Ameixeiras con motivo da aparición de Asasinato no Consello Nacional. Velaí o comezo do texto: “Bloque: masa grande de materia sólida, moi compacta e pesada. (Dicionario Xerais da Lingua)”. Está é a cita que elixiu Diego Ameixeiras (Lausanne, Suiza, 1976) para abrir a súa nova novela, Asasinato no Consello Nacional (Xerais).

“Asasinato no Consello Nacional”: “Algo máis ca un entretemento”

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog “Bouvard e Pécuchet” unha longa crítica de Asasinato no Consello Nacional, a novela de Diego Ameixeiras.

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, preséntase o xoves 14 na libraría Couceiro en Compostela

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, preséntase o xoves 14 na libraría Couceiro en Compostela

A última novela de Manuel Rivas, Todo é silencio, preséntase o próximo xoves 14, ás 19,30 horas, na libraría Couceiro, situada na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela. Durante o acto intervirán o propio Manuel Rivas, a cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara e o editor Manuel Bragado. Se o tempo o permite, o acto ocupará a praza de Cervantes.

Crítica sobre «Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1196-1981», que se presenta mañá na Feira de Frankfurt

O Faro da Cultura publica hoxe unha recensión crítica de Marga Romero sobre o libro Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1196-1981 publicado por Xerais en coedición coa editorial Galaxia e a Consellería de Cultura. Precisamente mañá, ás 13 horas, este libro será presentado na Feira de Frankfurt. A antoloxía é responsabilidade do tradutor, antólogo e editor británico Jonathan Dunne.

«Inmunda escoria» preséntase hoxe en Madrid

O libro Inmunda escoria, publicado por Xerais baixo o subtítulo «A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968, de Ricardo Gurriarán, presentarase hoxe en Madrid ás 19:30 horas, en Blanquerna Centre Cultural (Alcalá 44). O acto contará coa participación de Xosé María Calviño, Ezequiel Méndez, Fermín Bouza e Ricardo Gurriarán.

Artigo sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Artigo sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Fran P. Lorenzo publica na contraportada do xornal Galicia hoxe un artigo de opinión sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, que reproducimos: Creo que non leva nin unha semana nas librarías e en Xerais xa están a preparar a segunda edición de Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras.

Diego Ameixeiras, en Galicia Confidencial

Diego Ameixeiras, en Galicia Confidencial

Asasinato no Consello Nacional, a última novela de Diego Ameixeiras, que está a ter unha impresionante acollida por parte dos lectores, é o motivo da entrevista, asinada por Walter Burns, que aparece hoxe no Galicia Confidencial: «O bipartito soportou unha presión mediática asfixiante e Galiza é profundamente dócil» Galicia Confidencial entrevista ao escritor do momento.