Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2010

Diego Ameixeiras, entrevista en El Mundo

O xornal El Mundo faise eco na súa edición galega da expectación que esperta a novela Asasinato no Consello Nacional e publica unha entrevista con Diego Ameixeiras asinada por María Míguez que reproducimos.

«Luz de Tebra», presentación o xoves en Tui

O próximo xoves 7, presentarase en Tui a novela Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, na Sala do Antiguo Convento de San Domingos (rúa Antero Rubín, 44). Luz de Tebra é un dos libros mellor acollidos polo público nos últimos meses. Durante o acto estará presente o propio autor, acompañado por Manuel Vázquez de la Cruz e o editor Fran Alonso.

«Randea do alento», presentación hoxe na Biblioteca Municipal de Tui

«Randea do alento», presentación hoxe na Biblioteca Municipal de Tui

Randea do alento, a última novela da Premio Nobel alemana Herta Müller, traducida ao galego por Marga do Val para Xerais, preséntase esta tarde na Biblioteca Municipal de Tui. O acto terá lugar ás 20 horas e nel participará a propia tradutora, así como María Xosé Queizán, escritora e directora da colección As Literatas, de Xerais; e Montserrat Bascoy Lamelas, doutora en filoloxía xermánica.

Diego Ameixeiras, entrevista en Galicia Hoxe

Esta fin de semana, o suplemento Lecer do Galicia hoxe publicou unha longa entrevista con Diego Ameixeiras que lle fixo a xornalista Rosabel Candal a raíz da aparición na librarías de Asasinato no Consello Nacional, un dos libros que máis expectativa crearon nesta nova tempada literaria.

«Reckless»: Pel de aventura, crítica de Xosé Manuel Eyré

«Reckless»: Pel de aventura, crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé M. Eyré publica en A Nosa Terra unha extensa recensión sobre Reckless.

A reedición de «Vidas post-it»

O Xornal de Galicia faise eco da reedición de Vidas post-it, o primeiro libro de Iolanda Zúñiga, autora gañadora do Premio Xerais 2010 coa novela Periferia, que estará proximamente nas librarías. Vidas post-it fora publicado orixinariamente, hai tres anos, na colección Abismos, destinada á publicación de novos narradores e reedítase agora na colección Narrativa.

Manuel Rivas entrevista para EFE

O redactor de EFE Pablo L. Orosa realizou unha entrevista a Manuel Rivas  con motivo da aparición a vindeira semana de Todo é silencio. O texto publícase nalgúns medios como  El Correo Gallego, Galicia hoxe, La Opinión da Coruña, La Voz de Galicia. Recollemos algúns fragmentos dunha conversa longa e moi interesante: Nesta novela Galicia non é Galicia.

Manuel Rivas en «Xornal de Galicia»: «Este país necesita un calendario de vitorias»

Iago Martínez publica en Xornal de Galicia unha longa entrevista con Manuel Rivas con motivo da publicación de Todo é silencio. Recomendamos a lectura deste texto que consideramos moi interesante e do que recollemos algúns parágrafos: –Os protagonistas de Todo é silencio andan por aí, están tirados do real.

Rivas e o capitalismo máxico

Rivas e o capitalismo máxico

A edición galega de El País inclúe hoxe unha extensa entrevista a dúas páxinas de Daniel Salgado con Manuel Rivas, con motivo da aparición, a próxima semana, da súa última novela Todo é silencio, da que se inclúe tamén o primeiro capítulo: «Manuel Rivas regresa á novela, con Todo é silencio. E faino para esculcar en como o narcotráfico condicionou a vida do litoral atlántico.

Herta Müller en galego

Herta Müller en galego

O poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello fala hoxe da obra literaria de Herta Müller, traducida ao galego por Xerais, con motivo da aparición nas librarías da última novela da Premio Nobel alemana, Randea do alento. No seu artigo do xornal Galicia Hoxe, titulado «Herta Müller en galego», Fernán Vello sinala a calidade da súa obra literaria.

Estrea de «Limpeza de sangue», Premio Nacional de Literatura Dramática 2006

Limpeza de sangue, a obra de Rubén Ruibal, publicada por Xerais, que fora Premio Nacional de Literatura Dramática en 2006 estréase este sábado ás 20:00 horas no Pazo da Cultura de Narón a cargo da compañía Espello Cóncavo. Limpeza de sangue merecera tamén o XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais e está publicada na colección Biblioteca Dramátaica Galega, que a editorial coedita con AGADIC.

Trafegando Ronseis recomenda «Denso recendo a salgado»

O blog de Anxo e Gracia, Trafegando Ronseis, recomenda a lectura de Denso recendo a salgado, de Manuel Portas: «Gustoume esta novela de Manuel Portas editada por Xerais, Denso recendo a salgado, con trazos de novela negra ou cando menos policíaca».