Dúas novas recensións críticas sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras
A última novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello Nacional, continúa a espertar o interese e o debate en distintos ámbitos da sociedade galega.
Publicado o 30 Novembro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa
A última novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello Nacional, continúa a espertar o interese e o debate en distintos ámbitos da sociedade galega.
Publicado o 29 Novembro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publica hoxe en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Periferia, de Iolanda Zúñiga, Premio Xerais de Novela 2010. A recensión pódese ler integramente aquí. Reproducimos algúns parágrafos: (…) Periferia hai que entendela inserida na eclosión, desde hai dúas décadas máis ca nada, da literatura feita nas favelas ou sobre as favelas.
Publicado o 29 Novembro, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa
Con motivo da presentación de Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, en Santiago de Compostela, a xornalista Concha Pino entrevistou ao autor para La Voz de Galicia. C. P. SANTIAGO/LA VOZ.
Publicado o 29 Novembro, 2010 nas categorías Artigos literarios, Críticas, Narrativa, Traducións
O escritor Xosé Carlos Caneiro aplaudiu, no seu artigo de La Voz de Galicia, a publicación de Randea do alento, de Herta Müller, sinalando que: «aquí, dende a voz dun personaxe magnífico (pola súa perfección dende óptica literaria), entramos e sentimos a voz da dor máis extrema, das ausencias que marcan a pel e os adentros, das palabras que nos seguen a definir e salvar, incluso, da sevicia e a enaxenación dos perversos.
Publicado o 29 Novembro, 2010 nas categorías Autores, Noticias
O próximo mércores 7 de xaneiro, nun acto que se celebrará no Centro Social Caixanova, en Vigo, daráselle a último adeus a Don Paco Fernández del Riego. Da man da Fundación Penzol, a Editorial Galaxia, as fundacións Otero Pedrayo e Isla Couto, así como co apoio do Concello de Vigo e o Consello da Cultura Galega, realizarase pasado mañá unha homenaxe aberta arredor da súa figura.
Publicado o 29 Novembro, 2010 nas categorías Artigos literarios, Autores
O profesor Xesús Alonso Montero publicou o pasado sábado, no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia un artigo literario no que fai lembranza da figura do seu amigo Herminio Barrreiro, recentemente falecido, a partir das súas memorias Recordar doe. O artigo pode lerse aquí.
Publicado o 29 Novembro, 2010 nas categorías Crónica, Presentacións
O vindeiro xoves 9 de decembro, ás 20,00 horas terá lugar a presentación de Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero, na Galería Sargadelos (Praza de España, 2) de Monforte. O acto contará coa participación do propio autor, o profesor Alonso Montero, de Rosa María López González, así como do editor Manuel Bragado.
Publicado o 28 Novembro, 2010 nas categorías Eventos
Hoxe remata o Cultugal en Pontevedra. Amais das intensa programación do evento, que se pode consultar na web ou descargar o en pdf, Xerais ofrece para hoxe domingo un intensto día de encontros con autores. A programación de Xerais para os tres días tamén se pode descargar en pdf. Domingo 28 Faladoiro no Salón Libro. O xornalista Camilo Franco entrevistará aos autores. Ao remate firma de exemplares no stand de Xerais.
Publicado o 27 Novembro, 2010 nas categorías Eventos
Continúa, por segundo día, o Cultugal en Pontevedra. A programación do evento consta de numerosas actividades que se poden consultar na súa web ou descargar o programa completo en pdf. A programación de Xerais para os tres días tamén pode ser descargada en pdf. Sábado 27 19:30 h.
Publicado o 26 Novembro, 2010 nas categorías Eventos, Narrativa
Hoxe comeza o Cultugal en Pontevedra. A programación do evento consta de numerosas actividades que se poden consultar na súa web ou descargar o programa completo en pdf. A programación de Xerais para os tres días tamén pode ser descargada en pdf. Venres 26 Faladoiro no Salón Libro. O xornalista Iago Martínez entrevistará aos autores. Ao remate firma de exemplares no stand de Xerais. Actos abertos ao público. 18:00 h.
Publicado o 26 Novembro, 2010 nas categorías Autores, Narrativa, Presentacións, Vídeos
Couceiro from Fernando Lema on Vimeo. Eis o magnífico vídeo que preparou Fernando Lema do acto da presentación o pasado 14 de outubro na praza de Cervantes de Todo é silencio de Manuel Rivas, organizado pola Libraría Couceiro. Iria Peña canta o fado «Chaves da vida», acompañada nas guitarras por Miguel Ladrón de Guevara e Gastón Rodríguez.
Publicado o 25 Novembro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios_Xerais
O crítico Armando Requeixo publicou hoxe no suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Periferia, de Iolanda Zúñiga, Premio Xerais de Novela 2010. A recensión pódese baixar en pdf. Reproducímola integramente: Armaxedón; periferia Exorcismos para sobrevivir Un zunido inmenso nos oídos. Un zunido inmenso nos oídos e un acedume mesto galgando polo esófago.