Publicado o 25 Agosto, 2011 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Traducións
Carmen Alonso publicou esta pasada fin de semana nos xornais xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego unha entrevista con Salma, autora da novela Despois da medianoite .
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Ensaio, Historia
O escritor e crítico Xulio Válcárcel publicou nos xornais xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego unha recensión crítica sobre o libro Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia de Francisco Calo Lourido.
0 celtismo é un debate aberto con fortes enfrontamentos e crispacións. Posturas nunha dirección e noutra dominan o panorama cada ceno tempo.
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Poesía, Traducións
O escritor Xosé Carlos Caneiro publicou no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia, unha recensión crítica sobre os Sonetos de Shakesperare, en versión de Ramón Gutiérrez Izquierdo: «Hai traducións de Shakespeare que son improperios; esta parece mellorar, e desculpen os puristas, a voz do arquetipo», asegura.
Ler máis →
Publicado o 24 Agosto, 2011 nas categorías Autores, Noticias
O escritor Manuel Rivas atópase estes días na Arxentina participando no curso “Historia y Literatura” da Universidade Nacional de San Martin (UNSAM) dentro da iniciativa “Lectura Mundi”. Este curso está coordinado por Alberto Manguel (o autor de “Historia de la lectura” e lector de Borges). A parte dedicada á obra de Rivas titulase “De Defoe a Rivas”.
Ler máis →
Publicado o 24 Agosto, 2011 nas categorías Artigos literarios, Críticas, Narrativa
María Xesús Nogueira publicou un artigo de opinión en El Progreso no que aborda o tema do regreso na novela Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz. O artigo, titulado «Volver», pode descargarse aquí.
Ler máis →
Publicado o 24 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
Mar Fernández Vázquez publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre O segredo da Pedra Figueira, de María Xosé Queizán.
Ler máis →
Publicado o 24 Agosto, 2011 nas categorías Autores, Entrevistas, Natureza
O xornal asturiano El Comercio publicou unha entrevista con Manuel Rivas sobre a súa novela Todo é silencio. Na entrevista, que se pode descargar en dous pdf desde aquí e aquí, o escritor declara que «o verdadeiro produto tóxico é o poder, o control e a corrosión social que minan os valores cívicos».
Ler máis →
Publicado o 24 Agosto, 2011 nas categorías Artigos literarios, Críticas, Narrativa
Rubén Eyré publicou un artigo de opinión sobre Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, en La Voz de Galicia.
Ao amparo das robustas pólas desta devesa, rematei o libro Luz de Tebra. Trátase dunha ducia de suxestivos relatos cuxo autor é Ánxel Vázquez de la Cruz, médico de profesión. A obra publicouna Edicións Xerais, ten prólogo de Manuel Rivas e está apadriñada por Eduardo Galeano.
Ler máis →
Publicado o 24 Agosto, 2011 nas categorías Cine, Narrativa, Noticias
A novela Sete palabras, de Suso de Toro, será levada ao cine polo director salmantino José Luis García Sánchez, informou onte El País. Sete palabras, publicada o pasado ano por Xerais, obtivo o Premio da Crítica Galega, e é unha novela que supón unha viaxe ás orixes do escritor coa finalidade de desvelar a súa identidade persoal e familiar.
Ler máis →
Publicado o 23 Agosto, 2011 nas categorías Biblioteca Dramática Galega, Blogs, Críticas, Teatro
Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha recensión crítica sobre sobre Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl Dans.
OS AFECTOS, A VIDA E A POESÍA: TEATRO PARA HOXE
Imos falar do texto vencedor do Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2010.
Un texto que propón unha vigorosa posta en esecena, pois é unha traxedia envolvente da que o espectador/lector non pode fuxir.
Ler máis →
Publicado o 23 Agosto, 2011 nas categorías Biblioteca Dramática Galega, Cine, Noticias, Teatro
Limpeza de sangue, a obra de teatro de Rubén Ruibal que fora galadardoada co Premio Álvaro Cunqueiro e posteriormente co Premio Nacional de Teatro, será levada ao cine por Filmanova, segundo informa Alberto Ramos no Xornal de Galicia: «A produtora Filmanova está a desenvolver o proxecto para que a obra teatral escrita por Ruibal chegue á gran pantalla.
Ler máis →
Publicado o 23 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas.
Manuel Portas, de boa tinta
Un dedo manchado de tinta, a última entrega narrativa de Manuel Portas, recupera para a cidade de Santiago de Compostela a centralidade da prosa de creación.
Ler máis →