Publicado o 23 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios
Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Vía secundaria, a obra de An Alfaya gañadora do Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011.
Ler máis →
Publicado o 23 Agosto, 2011 nas categorías Biblioteca Dramática Galega, Crónica, Infantil, Teatro
O crítico Armando Requeixo publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Os reloxos preguiceiros de Néboa, de Xavier Lama.
Tempo de soños
Os reloxos preguiceiros de Néboa é o título co que o escritor guntinés Xavier Lama gañou o V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2010 e que agora ve luz da man de Edicións Xerais e a AGADIC.
Ler máis →
Publicado o 22 Agosto, 2011 nas categorías Cine, Narrativa, Noticias
Nunha semana comezará a rodaxe da película Todo é silencio, baseada na novela de Manuel Rivas, que será dirixida por José Luis Cuerda. Diversos medios, como Xornal de Galicia e Galicia Hoxe informan deste feito.
A cinta está protagonizada por Quim Gutiérrez, Miguel Ángel Silvestre, Celia Freijeiro, Juan Diego e Xoque Carvajal.
Ler máis →
Publicado o 22 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Poesía, Traducións
O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre os Sonetos de Shakesperare , en versión de Ramón Gutiérrez Izquierdo.
Un Shakespeare galego
Aínda que por veces tentemos enganarnos con espellismos, o certo é que neste país de noso aínda hai moito que normalizar literariamente (e non só, xaora).
Ler máis →
Publicado o 5 Agosto, 2011 nas categorías 2011, Autores, Crónica, Feiras_do_libro, Historia, Noticias, Presentacións
Hoxe na Feira do Libro da Coruña o acto de Xerais estará protagonizado por Federico Cocho que, acompañado do escritor Carlos G. Reigosa, presentará o seu libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España. O acto comezará ás 19:30 horas.
Ler máis →
Publicado o 3 Agosto, 2011 nas categorías 2011, Autores, Crónica, Feiras_do_libro, Lingua, Narrativa, Noticias, Presentacións
Hoxe na Feira do Libro da Coruña os actos de Xerais estarán protagonizados por Manuel Rivas que presentará a súa novela Todo é silencio e por Carlos Callón o seu libro máis recente Como defenderes os teus dereitos lingúísticos. No serán do venres, día 5, Federico Cocho presentará o seu libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, publicado na colección Crónica.
Ler máis →
Publicado o 3 Agosto, 2011 nas categorías 2011, Autores, Narrativa, Noticias, Novidades, Premios, Xerais_nos_medios
La Voz de Galicia faise eco da aparición de Vía secundaria, a obra de An Alfaya gañadora do Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011.
Xerais vén de publicar Vía secundaria, a novela de An Alfaya que o ano pasado foi a gañadora do décimo Premio de Novela por entregas de La Voz.
Ler máis →
Publicado o 2 Agosto, 2011 nas categorías Autores, Crónica, Entrevistas, Feiras_do_libro, Narrativa, Noticias, Presentacións
Hoxe na Feira do Libro da Coruña o acto de Xerais estará protagonizado por Agustín Fernández Paz que conversará con Óscar Sánchez e Iago Martínez sobre Non hai noite máis longa a súa novela máis recente. Mañá, mércores, Manuel Rivas presentará a súa novela Todo é silencio e Carlos Callón o libro Como defenderes os teus dereitos lingúísticos.
Ler máis →
Publicado o 2 Agosto, 2011 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Presentacións, Xerais_nos_medios
Manuel Portas é entrevistado en Xornal de Galicia por Iago Fandiño con motivo da presentación da súa segunda novela, Un dedo manchado de tinta.
A relación de Manuel Portas (Barcelona, 1960) co galego vén de lonxe. Á parte de dedicarse ao ensino de lingua e literatura no instituto Xelmírez I de Compostela no mundo do idioma, desempeñou postos na dirección da Associaçom Galega da Língua.
Ler máis →
Publicado o 2 Agosto, 2011 nas categorías 2011, Autores, Críticas, Narrativa, Premios, Xerais_nos_medios
Ramón Nicolás publicou no caderno «Culturas« de La Voz de Galicia do 30 de xuño de 2011 a seguinte crítica sobre a novela A veiga é coma un tempo distinto de Eva Moreda:
Eva Moreda, autora xa dunha apreciable bibliografía entre nós, resultou galardoada con A Veiga é como un tempo distinto na última convocatoria do asentado premio Terra de Melide.
Ler máis →
Publicado o 1 Agosto, 2011 nas categorías 2011, Autores, Crónica, Feiras_do_libro, Narrativa, Noticias, Presentacións
Hoxe na Feira do Libro da Coruña os actos de Xerais estarán protagonizados por Manuel Portas, Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero que presentarán as súas novidades no Paseo de Méndez Núñez. Mañá, martes, Agustín Fernández Paz presentará a súa novela máis recente.
Día 1 luns de agosto
ás 20:00 horas: Presentación Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas. Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira.
Ler máis →
Publicado o 1 Agosto, 2011 nas categorías 2011, Autores, Narrativa, Noticias, Premios, Xerais_nos_medios, Xornalismo
Hoxe comeza a publicarse nas páxinas de La Voz de Galicia Historias de Oregón a sexta das novelas de Diego Ameixeiras, gañadora do Premio de Novela por entregas La Voz de Galicia 2011.
Ler máis →