Publicado o 29 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya.
Cavorcos de soidade
Con acenos de novela negra
Por veces, un bo desenvolvemento narrativo é capaz de anular as distancias que median entre as chamadas baixa / alta literatura.
Ler máis →
Publicado o 29 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
O crítico Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón.
Ler máis →
Publicado o 29 Setembro, 2011 nas categorías Cine, Narrativa, Noticias
Os actores da película que dirixe José Luis Cuerda a partir da novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, agradecéronlle onte ao escritor, na presentación pública da longametraxe, que tivo lugar en Oza dos Ríos, que crease os personaxes da novela, que «son un agasallo».
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2011 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa
Manuel Vidal Villaverde publica hoxe en Atlántico Diario unha entrevista coa escritora Yashmina Shawki, autora de Fundación Libélula, publicada por Xerais.
Fundación Libélula, en palabras da autora, narra a historia de tres mulleres, Gladys, Helena e Laura, de diferentes idades e procedencias, que viven nunha situación de precariedade que as atrapa e da que queren saír.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
O crítico Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Armando Requeixo publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya.
A narración, externamente estruturada nos trinta e un capítulos preceptivos do premio, relata a historia dun atropelo nunha vía secundaria (de aí o título, tamén de forte carga simbólica) e a relación —directa ou indirecta— que tres parellas de personaxes gardan co suceso.
(…)
Pode lerse completa aquí.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2011 nas categorías Crónica, Presentacións
Este venres (sexta feira), 30 de setembro, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal de Pontedeume acollerá a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, manual práctico da autoría de Carlos Callón, presidente da MESA. No acto, organizado polo Colectivo Cultural Terra e pola Mesa pola Normalización Lingüística de Pontedeume, intervirá Miguel Rodríguez Carnota, director do IES Breamo e o autor.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2011 nas categorías Narrativa, Presentacións
O próximo venres 30 de setembro, terá lugar en Lugo a presentación do libro Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas. O acto, que contará coa participación de Xosé Chorén, Manuel Bragado e Manuel Portas, será ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4, Lugo).
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre Vía secundaria, de An Alfaya, nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego.
Unha novela por entregas
Non lera no seu momento, nin xunta nin por separado,esta narración de An Alfaya, Vía secundaria (Xerais, Vigo 2011), gañadora do Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog, Novenoites, unha recensión crítica sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2011 nas categorías Infantil, Noticias, Premios, Xuvenil
Publicamos o listado de libros de Xerais que resultaron finalistas en distintas categorías da VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento. Trátase dun premio que é outorgado a través da votación dos propios estudantes galegos.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2011 nas categorías Artigos literarios, Autores, Narrativa, Noticias
El País publicaba o sábado unha reportaxe de José Luis Estévez sobre o íntimo lugar que escolle Manuel Rivas para escribir.
Ler máis →