Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2011

Catro libros acartonados para primeiros lectores para aprender os números, as formas, as rutinas e os libros e viaxes

Xerais publica este outono catro título acartonados para primeiros lectores, catro libros escritos por J. C. Girbés e ilustrados por Silvia Ortega destinado aos máis pequechos. Os números, as formas, as rutinas e tamén os libros e viaxes son os temas que abordan estes catro primeiros títulos que poden ser lidos, tocados, observados, e gozados polos nenos e nenas de dous anos en diante.

Roda de prensa presentación de “O máis estraño. Contos reunidos” de Manuel Rivas

Mañá, mércores, 26 de outubro, ás 12:00 horas na Libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a roda de prensa-presentación do libro O máis estraño. Contos reunidos de Manuel Rivas.

Entrevista a Xavier Queipo: «Analízome parcialmente a través dos meus personaxes»

Entrevista a Xavier Queipo: «Analízome parcialmente a través dos meus personaxes»

O Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena con Xavier Queipo a raíz da publicación de Extramunde, Premio Xerais de Novela 2011. «O meu é a psicoanálise permanente, analízome parcialmente a través dos meus personaxes» Francisco Javier Vázquez Álvarez (Santiago, 1957), máis coñecido como Xavier Queipo, celebrou onte no Museo do Mar os seus vinte anos adicado ao mundo da literatura.

María Reimóndez, convidada á UmbriaLibri 2011, en Italia

A escritora María Reimóndez viaxará no próximo mes de novembro á Feira do Libro UmbriaLibri, en Italia, a onde acudirá como autora convidada para participar nunha mesa redonda que compartirá con outras autoras estranxeiras traducidas ao italiano. A súa novela O Club da calceta foi publicada en italiano pola editorial Gran Via (Il club della calzetta).

«Mil cousas poden pasar. Libro II», de Jacobo Fernández Serrano, xa está nas librerías

Mil cousas poden pasar. Libro II, de Jacobo Fernández Serrano, é unha das novidades da colección Merlín deste outono. Ademais, lembramos que o autor mantén un blog sobre os libros de Mil cousas onde publica todos os días unha anotación: «curiosidades, debuxos a lapis, a veces poño algún video, falo dalgún persoaxe, anuncio algunha das sorpresas do libro, e ese tipo de cousas». Mil cousas poden pasar.

Vídeo da presentación de «Extramunde», de Xavier Queipo, Premio Xerais 2011

Reproducimos un vídeo da presentación de Extramunde, de Xavier Queipo, gravado por Xabier Viana, a quen lle agradecemos a súa xentileza.

Entrevista a Manuel Rivas: «O ser humano non ocupa o centro de interese das institucións»

Entrevista a Manuel Rivas: «O ser humano non ocupa o centro de interese das institucións»

El Ideal Gallego publicou unha entrevista de Carmen Alonso con Manuel Rivas a raíz da próxima publicación de O máis estraño, o volume que recompila os seus contos. Se cadra, o segredo da súa obra atópase na súa mirada de rapaz. Ese alzar os ollos para verlles á cara nos seus personaxes.

«Poñente», de Pere Tobaruela, e o temor ante o Penalti que suxire Jaureguizar

«Poñente», de Pere Tobaruela, e o temor ante o Penalti que suxire Jaureguizar

Jaureguizar centrou  o seu artigo de opinión desta fin de semana en El Progreso nun determinado momento e actitude da historia de Galicia e na novela Poñente, escrito polo escritor catalán afincado en Galicia Pere Tobaruela. O temor ante o penalti GALICIA tivo un momento idóneo na súa historia. Como esa tarde no que os adolescentes acertan a coordenar piercing e montura de gafas.

Os límites entre ficción e realidade con protagonismo das redes sociais: Crítica de Ramón Nicolás sobre «Ninguén» de Fran Alonso

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre  Ninguén, de Fran Alonso.

Usar, escoller e solicitar o galego, con «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón

Usar, escoller e solicitar o galego, con «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón

O Faro de Vigo publicou a noticia da presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón, en Lalín. Despois de publicar o ano pasado En castellano no hay problema, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística edita, da man de xerais, o volume Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, en prol dunha maior equidade entre as linguas cooficiais de Galicia.

O estado da edición e políticas do libro. Reportaxe no suplemento Luces de El País

O suplemento Luces, de El País, publicou o pasado sábado unha longa reportaxe sobre o estado da edición en Galicia, da que tamén formaba parte unha entrevista ao director de Xerais, Manuel Bragado, así como a Víctor Freixanes, director de Galaxia. Á pregunta de se existe política do libro en Galicia, o director de Xerais responde: «Non existe tal cousa.

Propostas para traballar co dicionario, a partir do «Dicionario Xerais de Primaria»

Manuel Rodríguez Alonso inicia a publicación, no seu blog, Bouvard e Pécuchet, dunha nova sección, con carácter semanal, onde propón exercicios para mellorar o uso da lingua entre os escolares de Primaria primeiro ciclo da ESO empregando o dicionario. O dicionario que se toma como referencia para estes exercicios será o Dicionario Xerais de Primaria, do que son autores o propio Manuel Rodríguez Alonso e Xosé Feixo Cid.