Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2011

Convocado o VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico 2012. Bases

O Diario Cultural da Radio Galega e o Centro Dramático Galego, co patrocinio da AGADIC, convocan o VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que publica Xerais.

Do Premio Xerais de Novela 2011 ao nacionalismo de Luís Soto, pasando polas tradicións galegas do Nadal. Repaso de novidades de D. Vilavedra

Do Premio Xerais de Novela 2011 ao nacionalismo de Luís Soto, pasando polas tradicións galegas do Nadal. Repaso de novidades de D. Vilavedra

Dolores Vilavedra realiza no suplemento Luces de El País o seu periódico repaso de novidades. Reproducimos os textos referidos aos libros de Xerais. Extramunde, de Xavier Queipo Tamén en capa dura chega a nós Extramunde de Xavier Queipo, un merecidísimo -xulgando sen saber cales foron as outras obras concursantes- Premio Xerais 2011. Con esta novela o autor demostra que a vontade de estilo non está rifada coa eficacia narrativa.

Unha obra para entender o país no século XXI: «Xeografía de Galicia». Crítica de Alfredo Iglesias

Alfredo Iglesias Diéguez publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Xeografía de Galicia, unha obra fundamental, cun enfoque do século XXI, coordinada por Mª José Piñeira e Xosé Manuel Santos Xeografía de nós Con perspectiva de hoxe Nos últimos anos, a sociedade galega mudou visiblemente,  non é preciso agora deterse en dar datos obxectivos que verifiquen ese feito; non obstante,

Vigo, cidade mítica, nas fotografías e textos de «Vigo, a explosión dos 80», de Víctor de las Heras

Vigo, cidade mítica, nas fotografías e textos de «Vigo, a explosión dos 80», de Víctor de las Heras

Lucía Seoane publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro Vigo. A explosión dos ’80, de Víctor de las Heras. Vigo mítica Tempos movidos Para as, e os, que naquela época ou ben eramos aínda demasiado novas/novos ou ben tiñamos residencia noutros lugares, os aconteceres da cidade deVigo durante os anos 80 do pasado século veñen adquirir un carácter dobremente mítico.

O máxico nadal de Antonio Reigosa en «Trece noites, trece lúas». Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro de Antonio Reigosa  Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, ilustrado por Noemí López.

O cine e a precariedade laboral centran «Fantasmas de luz». Entrevista de Ana Baena con Agustín Fernández Paz

O cine e a precariedade laboral centran «Fantasmas de luz». Entrevista de Ana Baena con Agustín Fernández Paz

O Atlántico Diario publicou onte unha entrevista de Ana Baena con Agustín Ferández Paz  na que tamén fala de Fantasmas de luz.   «Aínda que se me coñece como escritor, a miña principal vocación é a docencia» Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba en 1947, aínda que reside no Areal dende hai anos. Docente xubilado e escritor galego.

«Meu pai vaite matar»: de Rosalía de Castro a María Xosé Queizán

Manuel Bragado, director de Xerais, fai unha crónica da presentación de Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán, no seu blog Brétemas. Coa Queizán No acto de presentación de Meu pai vaite matar, Marga Romero reivindicou a figura de María Xosé Queizán escollendo unha das metáforas da escritora viguesa: «Teño raíces nesta terra, pero son aéreas».

Presentación en Padrón de “Un dedo manchado de tinta”

O venres, 16 de decembro, ás 20:00 horas, terá lugar na Libraría Sar, Praza de Macías, 5 de Padrón, a presentación do libro Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.

Presentación no Carballiño de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”

O venres, 16 de decembro, ás 20:30 horas, na Cervexaría Eira das Flores no Carballiño, terá lugar o acto de presentación do libro Como defenderes os teus dereitos linguísticos de Carlos Callón. Na presentación, organizada pola MESA do Carballiño coa colaboración da Libraría Escolma, participarán Eladino Cabanelas e Carlos Callón.

Presentación en Santiago de “Xeografía de Galicia”

O xoves, 15 de decembro ás 11:00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Compostela, terá lugar a presentación do libro Xeografía de Galicia do que son coordinadores María José Piñeira Mantiñán e Manuel Santos Solla.

Entrevista con María Xosé Queizán sobre «Meu pai vaite matar», unha novela policíaca e de aventuras que aborda o tema da violencia de xénero

A xornalista Amalia Mauleón publica en Faro de Vigo unha entrevista coa escritora María Xosé Queizán, autora da novela Meu pai vaite matar, que se presenta esta tarde ás 20 horas en Librouro (Vigo).

Novela negra urbana: «Historias de Oregón», de Diego Ameixeiras. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Historias de Oregón, de Diego Ameixeiras, Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas.   Aparece agora editada en volume a novela curta gañadora este ano de 2011 do concurso de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.