Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2011

Publícase un relato de «O único que queda é o amor», de Agustín Fernández Paz en «Best European Fiction 2012»

Publicouse xa o libro Best European Fiction 2012, onde aparece o relato «This Strange Lucidity», de Agustín Fernández Paz, pertencente ao libro O único que queda é o amor. Agustín Fernández Paz é o primeiro autor galego en ser incluído na antoloxía Best European Fiction 2012, que edita a editorial Dalkey Archive Press.

Xavier Queipo participou na Universidade de Brest coa tradución ao francés de «Contornos»

O escritor Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela 2011 con Extramunde, participou o pasado 12 de decembro nun acto de debate na Facultade Victor Segalen, de Brest, en Bretaña, que se celebrou baixo título de «Chroniques animalières: science littéraire ou littérature scientifique?», con ocasión da aparición das Chroniques animalières (Contornos) de Queipo nas éditions Les Hauts-Fonds.

A aforística cinematográfica de «Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz. No blog de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog, Ferradura en tránsito, a aforística cinematográfica da novela Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz.   Velaquí a aforística cinematográfica na novela de Agustín Fernández Paz. E procedencia. Un consello, antes. Estes textos foron extirpados doutros máis longos, adquirindo novo contexto.

En pixama, escoitando «Cama e conto» na Casa da Lectura de Gondomar

Espazo Lectura centra hoxe a sesión dos mércores da Casa da Lectura, no libro Cama e conto, de Gonzalo Moure.   «Cama e conto» na Casa da Lectura Esta semana, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura, asistiremos á dramatización do libro de Gonzalo Moure, Cama e conto (Xerais, 2010).

«Vaia tropa!», de Antón Cortizas: poemas para ler de esguello ou que precisan dun espello

«Vaia tropa!», de Antón Cortizas: poemas para ler de esguello ou que precisan dun espello

El Correo Gallego inclúe hoxe unha recensión de Isabel Soto sobre Vaia tropa! de Antón Cortizas.

O ritmo trepidante de «A chave da Atlántida», de Anxo Fariña

O ritmo trepidante de «A chave da Atlántida», de Anxo Fariña

A Escola do Faro publica unha recensión sobre e A chave da Atlántida, de Anxo Fariña, libro que gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil 2011.

Os libros acartonados para primeiros lectores: as rutinas, os libros, as viaxes, a escola, o xogo…

A escola do Faro publica unha información sobre a serie de libros acartonados para primieros lectores escritos por J. C. Girbés e ilustrados por Silvia Ortega.

Presentado o «Dicionario Xurídico Galego», que coordinan Luciano Varela e Xosé Xoán Barreiro

Presentado o «Dicionario Xurídico Galego», que coordinan Luciano Varela e Xosé Xoán Barreiro

Distintos xornais galegos recollen abundante información sobre a presentación onte en Compostela do Dicionario Xurídico Galego, coordinado por Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado, acto que se celebrou na EGAP. A información de El Correo Galego, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Atlántico e La Región pode vese neste dosier en pdf. Ao tempo, reproducimos a información do xornal Galicia Hoxe.

«Trece noites, trece lúas», de Antonio Reigosa: fermoso agasallo de Nadal. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

«Trece noites, trece lúas», de Antonio Reigosa: fermoso agasallo de Nadal. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre o libro de Antonio Reigosa  Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, ilustrado por Noemí López.   Fermoso agasallo de Nadal A literatura de tema natalicio ten múltiples orixes e motivacións.

Escribir con material nobre: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Vicente Araguas

Escribir con material nobre: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica de Extramunde, de Xavier Queipo, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.   O último libro de Xavier Queipo, Premio Xerais, é un percorrido global (fálase xa pouco de novelas totais, mudan os tempos, si, se cadra tamén as vontades) de San Andrés de Teixido a unha tribo de cortadores de cabezas.

«Contos por palabras», de Agustín Fernández Paz. Recensión no suplemento Babelia de El País

O suplemento Babelia, de El País, acollía o pasado sábado unha pequena recensión de Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz, asinado por Víctoria Fernández.   Contos por palabras Obra ganadora del Premio Lazarillo 1990, se trata de un original conjunto de ocho cuentos breves, de temática variada, pero con un nexo común: todos ellos están basados en los “anuncios por palabras” que aparecen en la prensa.

«Poñente», de Pere Tobaruela, en Radiofusión: da Pobra do Caramiñal a Mugardos

«Poñente», de Pere Tobaruela, en Radiofusión: da Pobra do Caramiñal a Mugardos

A web de Radiofusión publica unha información sobre  Poñente, de Pere Tobaruela.     Da Pobra do Caramiñal a Mugardos “Os cataláns mercaron terreos grandes, as mellores propiedades. Aos mariñeiros e aos seus empregados pagábanlles unha miseria, así podían facer negocio. Pouco a pouco foron perfeccionando os métodos de salga. Tamén adquiriron equipos, prensas. Daquela o negocio colleu folgos.