Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2011

«O máis estraño», de Manuel Rivas: un cuarto de século abrindo camiños narrativos. Crítica de Armando Requeixo

«O máis estraño», de Manuel Rivas: un cuarto de século abrindo camiños narrativos. Crítica de Armando Requeixo

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Armando Requeixo sobre O máis estraño, de Manuel Rivas.     O Rivas máis estraño Logo de máis dun cuarto de século abrindo camiños narrativos e explorando territorios da escrita, Manuel Rivas ten gañado, por dereito propio, un posto de honra na escudería de clásicos modernos da nosa literatura.

As marabillas do Nadal en «Trece noites, trece lúas». Crítica de Ramón Nicolás sobre o libro de Antonio Reigosa

As marabillas do Nadal en «Trece noites, trece lúas». Crítica de Ramón Nicolás sobre o libro de Antonio Reigosa

Ramón  Nicolás publica no seu blog, Caderno da crítica, unha recensión do libro, de Antonio Reigosa,  Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, ilustrado por Noemí López. Trece noites, trece lúas, de Antonio Reigosa Interesoume moito esta última achega de Antonio Reigosa  subtitulada significativamente, para que non haxa lugar a erro, «Libro das marabillas do Nadal.

Xavier Queipo participará nun acto na Universidade en Brest

Xavier Queipo participará nun acto na Universidade en Brest

O escritor Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela 2011 con Extramunde, participará nun acto de debate que terá lugar o próximo 12 de decembro no foro da Facultade Victor Segalen, de Brest, en Bretaña.

Agustín Fernandez Paz, discurso de recepción do Premio Iberoamericano SM en Guadalajara

Agradecemos a Xulio Abollo esta gravación que recolle o extraordinario discurso pronunciado o 29 de novembro por Agustín Fernández Paz na FIL de Guadalajara con motivo da recepción do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Un documento para a nosa historia literaria.

Manuel Rivas, entrevistado no programa «Sin rodeos» de Localia

Con motivo da aparición d’ O máis estraño. Contos reunidos, Manuel Rivas o mércores 7 de decembro foi convidado a participar no programa «Sin rodeos» de Localia A Coruña, no que conversou cos xornalistas Mónica Martínez e José Luis Gómez.

O lirismo e a retranca dos contos de Manuel Rivas en «O máis estraño». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

O lirismo e a retranca dos contos de Manuel Rivas en «O máis estraño». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre O máis estraño, de Manuel Rivas.   A narrativa breve de Rivas Xerais ofrécenos neste volume a maior parte da narrativa breve de Rivas.

Marcos Calveiro na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México)

O escritor Marcos Calveiro participou en diversos actos na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México). Reproducimos a información da súa intervención no Centro de Cultura Escrita Miguel Ángel Cuervo, en Colima.

Os textos biónicos de Estíbaliz Espinosa en «Zoommm». Recensión no Atlántico

O Atlántico Diario publica unha recensión sobre Zoommm, de Estíbaliz… Espinosa.   Que é o que lle  lembra ao lector ou lectora esta grafia do epígrafe que serve para indicar o título dun poemario? Nada hai aquí do sentimento naif que envolve, por exemplo, os límpidos azuis de Joan Miró. A poeta Estíbaliz Espinosa amosa o  sorriso doce e a un tempo acedo das palabras no recordo das íntimas estancias.

«Restaurante Farruco», de Chus Pereiro: anotación no blog Trafegando ronseis

«Restaurante Farruco», de Chus Pereiro: anotación no blog Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación de sobre Restaurante Farruco, de Chus Pereiro.   Chus Pereiro é a autora de Restaurante Farruco, texto teatral infantil publicado pola editorial Xerais con ilustracións de Xan López Domínguez. Utilizando o verso rimado, a autora constrúe unha peza disparatada nun só acto, nun só día, nun só espazo.

Presentación de «Extramunde», de Xavier Queipo, en Bruxelas, mañá 8 de decembro

Presentación de «Extramunde», de Xavier Queipo, en Bruxelas, mañá 8 de decembro

A novela gañadora co Premio Xerais de Novela 2011, Extramunde, de Xavier Queipo, presentarase mañá 8 de decembro, ás 18,30 horas, na libraría Orfeu de Bruxelas. Orfeu é unha libraría portuguesa e galega situada na Willem de Zwijgerstraat, 43, na Rue du Taciturne (B-1000 Brussel/Bruxelles).

«Os reloxos preguiceiros de Néboa», de Xavier Lama: anotación en Trafegando ronseis

«Os reloxos preguiceiros de Néboa», de Xavier Lama: anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación de sobre Os reloxos preguiceiros de Néboa, de Xavier Lama.   Na miña procura de textos teatrais para o meu alumnado chego a este Os reloxos preguiceiros da néboa de Xavier Lama, publicado pola editorial Xerais, V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2010.

«Vigo. A explosión dos 80», de Víctor de las Heras: unha crónica de cando Vigo vivía a movida pola noite e a reconversión industrial polo día

«Vigo. A explosión dos 80», de Víctor de las Heras: unha crónica de cando Vigo vivía a movida pola noite e a reconversión industrial polo día

A Biblioteca NuevaOla80 publicou unha recensión sobre o libro  Vigo. A explosión dos ’80, de Víctor de las Heras. Víctor de las Heras, “Vitín”, publica una crónica fotográfica de cuando Vigo sufría de día la reconversión industrial y por la noche disfrutaba. El ‘Sector naval’, que cantaron Os Resentidos, no salía de las calles en los primeros años ochenta.