Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2012

Presentación de “En vías de extinción” de María Reimóndez en Compostela

O martes, 2 de outubro, ás 20:30 horas, terá lugar a presentación da novela En vías de extinción de María Reimóndez na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago. No acto participarán María do Cebreiro, María Reimóndez e Manuel Bragado. A autora fará un agasallo a todas as persoas que asistan á presentación.

María Reimóndez: «A novela toca moitos temas e ten moito que ver coa identidade lesbiana». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a María Reimóndez pola súa novela En vías de extinción.     «Hai unha presenza permanente da temática lesbiana na literatura que unha e outra vez é relegada pola crítica» Montse Dopico | @montsedopico Mulleres rebeldes protagonizan as novelas de María Reimóndez. E En vías de extinción, a súa última obra, non é unha excepción.

O libro disco «O meu primeiro Celso Emilio Ferreiro», no blog da Asesoría Bibliotecas Escolares

O libro disco O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales, é obxecto de atención por parte do blog Rede Lectura, da Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Estíbaliz Espinosa: «O que máis me obsesiona son os interrogantes comúns entre a ciencia e a literatura». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Estíbaliz Espinosa.     Parlamento das Letras Estíbaliz Espinosa Estíbaliz Espinosa é unha criatura mecánica, unha cyborgpoeta de última xeración, creadora multiverso na que conflúen harmonías de soprano, máscaras da legua e textualidades biónicas.

O escritor Xesús Constela estrea páxina web

O escritor Xesús Constela estrea nova páxina web, que será exhibida mañá xoves 27 durante o acto de presentación da súa última novela 15.724. A nova web integra o seu blog, as redes sociais, unha sección de textos do autor, críticas e entrevistas, así como un apartado con información para a prensa.

Novidade en Narrativa: «Como en Alxeria», de Xosé Ramón Pena. A resistencia galeguista ao franquismo

Como en Alxeria, de Xosé Ramón Pena, é unha das novidades de Narrativa para a nova tempada. A comezos da década dos 60 do século XX –unha década realmente « prodixiosa» na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron– o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume. O 1 de xaneiro de 1959 as tropas de Fidel Castro entraran na Habana e Santiago de Cuba.

«Atl», de Manuel Lourenzo: a felicidade dos autómatas ou a coherencia dun universo literario. Crítica de Lorena Domínguez

Lorena Domínguez Mallo publicou en LG3, o soportal da literatura do Consello da Cultura Galega, unha recensión crítica sobre Atl, a novela de Manuel Lourenzo gañadora do Premio Blanco Amor 2011.

Presentación “As rapazas de Xan” de Manuel Iglesias Turnes en Xanceda, Mesía

O venres, 28 de setembro, ás 21:30 horas, na Casa da Cultura de Xanceda, Mesía, terá lugar o acto de presentación da novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto acompañarán ao autor, Pablo Vaamonde e Che Turnes.

Presentación de “Trampa de luz” de Agustín Agra en Noia

O venres, 28 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, rúa Luís Cadarso, s/nº en Noia, terá lugar a presentación da novela Trampa de luz de Agustín Agra.

Reedición dun clásico: «A Illa do Tesouro», as intrépidas aventuras de Jim Hawkins escritas por Stevenson

Pilar Bendoiro Mariño publica en El Correo Gallego unha recensión sobre A Illa do Tesouro, de Robert Louis Stevenson, en tradución de Xavier Alcalá.

Novidade en Fóra de Xogo: «Eu, pel», de Teresa González Costa

Eu, pel, de Teresa González Costa, é unha das novidades de Fóra de Xogo para a nova tempada. Aquel rapaz ao que lle puxeron un nome que ninguén pronunciaba nunca, fíxose chamar a si mesmo Innominable. Era fillo dun farmacéutico brillante e dunha fermosa aristócrata da illa Meridiana, mais o mozo tiña unha misteriosa lesión.

Presentación de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” de Ramón Nicolás en Vigo

O vindeiro venres, 28 de setembro, ás 20:00 horas, na JT Photogallery, rúa Abeleira Menéndez, 13 de Vigo, vai ter lugar a primeira presentación pública do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. No acto participarán Luis Ferreiro, Isabel Ferreiro, Manuel Bragado e Ramón Nicolás. Ao remate das palabras, intervirán Labregos do tempo dos Sputniks que cantarán poemas de Celso Emilio Ferreiro.