Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2012

No Eirado da TVG: Pemón Bouzas entrevista a Ramón Nicolás e a Agustín Agra

O programa da TVG O Eirado, que dirixe o xornalista Pemón Bouzas, estrea a súa nova tempada cunha entrevista a Ramón Nicolás (00′,40”) por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro e outra a Agustín Agra (19′,25”) pola súa novela Trampa de Luz.

«Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás, unha biografía reconstruída, como un crebacabezas, para os lectores. Reportaxe de Daniel Salgado

Daniel Salgado publica en El País unha entrevista a Ramón Nicolás sobre a biografía Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.   Pezas para armar a vida de Celso Emilio Ferreiro O crítico Ramón Nicolás publica 620 páxinas de biografía do poeta celanovés Para armar o relato dunha vida precísanse moitas pezas.

«Iria», de Anxo Angueira: a recreación vibrante e emotiva da Galicia de finais dos sesenta. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou onte domingo unha recensión crítica sobre a novela Iria de Anxo Angueira nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, baixo o título«O río que nos leva».     O río que nos leva Non se pode dicir que Anxo Angueira non se tomase o seu tempo antes de dar a coñecer a súa última peza narrativa.

Vídeo de «Carapuchiña e o Pobo Feroz», curtametraxe baseada nun relato de «Males de cabeza», de Fran Alonso

Xa se pode ver na rede o vídeo de Carapuchiña e o pobo feroz, curtametraxe producida por Que conto producións baseada nun relato co mesmo título de Males de cabeza, de Fran Alonso.

«Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro: actualización dos temas e técnicas da nosa narrativa. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre  Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro.   Gomos narrativos novos Samuel Solleiro, autor desta colección de relatos breves, pertence á última promoción de narradores galegos que, nados a partir dos oitenta, danse a coñecer ou confirman o seu labor como escritores, na década de 2010.

Dragal: un universo de alquimia, catacumbas, bibliotecas misteriosas, maxia e fantasía coa forza do dragón. Entrevista de Carme Vidal a Elena Gallego Abad

Carme Vidal publicou en Sermos Galiza unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre a sús triloxía de Dragal.     «Gustaríame escribir un best-seller en galego» Quedamos con Elena Gallego Abad na entrada da catedral de Santiago cando vén de ver o Códice Calixtino que estes días está exposto no pazo de Xelmírez. Confesa que lle gustaría atopar os dragóns que hai tanto no libro como no templo.

Presentación en Pontevedra de “15.724″ de Xesús Constela

O vindeiro xoves, 27 de setembro, ás 20:00 horas terá lugar a presentación da novela 15.724 de Xesús Constela. O acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, contará coa participación de Adolfo Caamaño, Xaime Toxo, Ana Isabel Vázquez Reboredo, Manuel Bragado e Xesús Constela. Salón de Actos do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, rúa Padre Sarmiento, 51 en Pontevedra.

«O meu primeiro Celso Emilio»: un fermoso libro para poñer un clásico ao alcance dos máis pequenos. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o libro disco O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

«O hobbit», de Tolkien, está de aniversario e cumpre 75 anos

O hobbit, o libro máis emblemático de J. R. R. Tolkien cumpre hoxe 75 anos. Xerais publicouno en 2007 en tradución de Moisés R. Barcia na colección Fóra de Xogo. O libro apareceu publicado por primeira vez na súa versión orixinal o 21 de setembro de 1937, publicado pola editorial George Allen & Unwin, tal e como informa hoxe La Voz de Galicia. A influencia de Tolkien en toda a literatura fantástica posterior é moi notable.

Marcos Calveiro: «’Palabras de auga’ transcorre nun non lugar, no medio dunha sabana erma e seca». Entrevista de Ramón Rozas

Ramón Rozas publicou na Revista! do Diario de Pontevedra unha entrevista a Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 con Palabras de auga.

«Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás: unha biografía magnífica que vai moito máis alá

Pilar Ponte publica hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a biografía Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, escrita por Ramón Nicolás.   Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro      Un grande ensaio Para coñecermos Celso Emilio Neste ano C.E.F.

Ficción literaria intelixente e discurso ideolóxico ficcionalizado: «En vías de extinción» de María Reimóndez

Montse Pena Presas publica hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre En vías de extinción de María Reimóndez.     En vías de extinción   Contra a indiferencia Cando as cerdeiras resisten En vías de extinción supón un chanzo máis na poética de María Reimóndez.