Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2012

Crónica e vídeo da presentación de «Para unha crítica do españolismo», de Camilo Nogueira

O blog O levantador de minas, de Alfredo Ferreiro, reproduce unha crónica e un vídeo da presentación do libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira.     «Para unha crítica do españolismo», de Camilo Nogueira Resulta este libro máis unha entrega de Camilo Nogueirapara todos os que vemos imprescindíbel unha revisión da Historia á hora de emprendermos o reto do futuro.

Un libro histórico: «O país adormentado», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha crítica sobre O país adormentado de Xabier Docampo.     Un libro histórico: O país adormentado Si. Fago un alto, e deixo de ler o remate para escribir isto. Interrompeume outra lecura, porque cando chegou ás miñas mans, con ese título ( O país adormentado) e sendo o seu autor Xabier Docampo, o interese que me tiña era máximo.

«A narrativa xuvenil a debate (2000-2011)»: o prestixio da LIX, pulso a pulso

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no seu blog unha crónica sobre a presentación do libro A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), da Red Temática de Investigación “LIJMI”, do que son autoras Blanca Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez.

A patria que non era tan acolledora como parecía: entrevista a Xesús Constela, autor da novela «15.724»

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Xesús Constela, autor da novela 15.724. O autor declarou que o Libro dos protocolos foi a parte da novela que máis lle gustou construír. Ese libro describe unha patria idílica e agarimosa como unha nai, pero Samuel R.

María Reimóndez: ‘Busco o cambio dende a rebeldía. As personaxes de «En vías de extinción» utilizan a súa marxinalidade para criticar o centro’. Entrevista de Sara Vila

A Revista do Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Sara Vila a María Reimóndez, sobre a súa novela En vías de extinción.   En vías de extinción   María Reimóndez: «Busco o cambio dende a rebeldía» Aínda aturdida tras a viaxe saúda e pregunta antes de nada polo estado de Rafa Estévez, o fotógrago do Diario detido con violencia mentres traballaba.

«Os fillos do mar», de Pedro Feijoo: marabillosas horas de evasión, intriga, aventura, historia e amigos. Consideracións dun lector

Miguel Abraira, un lector de Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, que é profesor de Historia, publicou no seu blog as impresións que lle produciu a lectura da exitosa novela.    Os fillo do mar Non sabedes que marabillosas horas de evasión, intriga, aventura, historia e amigos me deparou este libro.

Agustín Fernández Paz fala por vez primeira sobre “O rastro que deixamos”

Coincidindo coa súa presenza o 6 de agosto de 2012 na Feira do Libro da Coruña, Agustín Fernández Paz fala do seu novo libro, O rastro que deixamos, que publicará Xerais na súa serie Crónica o vindeiro mes de outubro. Na entrevista Agustín define O rastro que deixamos como “un libro que está escrito cos fíos da vida sen tinguilos coas cores da ficción porque é un libro cunha carga autobiográfica moi grande”.

Xesús Constela, autor de «15.724»: «Para escribir esta novela cheguei a entrar en arquivos de cárceres norteamericanas grazas a internet». Entrevista de Nicolás Vidal

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista de Nicolás Vidal con Xesús Constela, autor da novela titulada 15.724,  que está a recibir moi boas críticas.   «15.

«En vías de exintición», de María Reimóndez: unha aposta moi orixinal no panorama actual da narrativa galega, contemporánea e anticonvencional. Crítica de Mario Regueira

O escritor e crítico Mario Regueira publicou unha recensión crítica sobre En vías de extinción de María Reimóndez,  no último número do semanario Sermos Galiza.   En vías de extinción De terra e de cemento A distribución do territorio e da sociedade galega na dicotomía rural/urbano é un dos temas máis recurrentes da nosa historia contemporánea.

Xosé Fernández Ferreiro fala sobre “De Xente Nova a Brais Pinto”

Xosé Fernández Ferreiro fala De Xente Nova a Brais Pinto coincidindo coa presentación o pasado 4 de agosto deste libro de memorias na Feira do Libro da Coruña. Na entrevista di que os membros de Xente Nova “queriamos crear unha Galicia nova sen olvidar o pasado. Tiñamos moitas ideas e pouco fudamento. Tiñamos moita ilusión”.

Unha sopresa que nos agarda nas librerías: «As rapazas de Xan», de Manuel Iglesias Turnes. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en Galicia confidencial unha recensión da novela As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes.     Testemuño e culpa na crónica da xeración perdida ‘As rapazas de Xan’ é a aposta literaria de X.M. Eyré desta semana, unha novela de Manuel Iglesias Turnes que representa de xeito moi realista a sociedade rural do medio seculo pasado en Galicia.

Manuel Lourenzo González fala sobre “Atl”

Manuel Lourenzo González fala sobre Atl, a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2011, coincidindo coa súa presentación na Feira do Libro da Coruña o pasado 9 de agosto de 2012.