Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2012

Novidade: «A narrativa xuvenil a debate (2000-2011)», da Red Temática de Investigación “LIJMI”

A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), da Red Temática de Investigación “LIJMI”, do que son autoras Blanca Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez, é un das novidades de Xerais para esta tempada.

Os novos libros de “Educación para a Cidadanía” e “Educación Ético-cívica” de 2º e 4º de ESO foron actualizados ao novo currículo

Xa están dispoñibles para ser utilizados neste curso que comeza (2012-2013) os novos libros de Educación para a Cidadanía e os dereitos humanos de 2º de ESO e de Educación Ético-Cívica de 4º de ESO.

Pedro Feijoo fala sobre “Os fillos do mar”

Pedro Feijoo fala sobre Os fillos do mar coincidindo coa súa participación na Feira do Libro da Coruña, o pasado 6 de agosto. Para Feijoo “o lector ideal desta novela é a xente que quere que algúen lle conte un conto”.

Ecoloxismo, anticonsumismo, feminismo, e defensa da lingua en «En vías de extinción», de María Reimóndez. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre En vías de extinción de María Reimóndez.

Jaureguizar publicou en El Progreso un artigo sobre o libro «Antón Reixa. Ghicho distinto» de Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso

Jaureguizar publicou o sábado 1 de setembro en El Progreso un artigo titulado «O multiartista multiinquedo» sobre o libro Antón Reixa. Ghicho distinto de Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso. Entre outras cuestións, Jaureguizar asegura que Antón Reixa «é un multiinquedo, que acertou sempre en poñer ás persoas capacitadas a execturar as obras axeitadas».

Presentación “A narrativa xuvenil a debate (2000-2011)”

O venres 7 de setembro, ás 11:00 horas nas instalacións da Biblioteca da Fundación Novacaixagalicia de Santiago de Compostela, rúa Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo, presentarase o libro A narrativa xuvenil a debate (2000-2011) da Rede Temática de Investigación LIJMI. No acto participará Blanca Roig Rechou, coordinadora da obra, e o editor Manuel Bragado.

Xosé Manuel Eyré recomenda «As rapazas de Xan», de Manuel Iglesias Turnes, para a socialización e dinamización lectora en secundaria

O crítico Xosé Manuel Eyré recomenda no seu blog Ferradura en tránsito a novela As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes, para a socialización e dinamización lectora en secundaria.   Socialización e dinamización lectora a partir de «As rapazas de Xan» Na miña «particular» guerra de todos os días, a primeira lectura que vou recomendar aos alumnos é  As rapazas de Xan. Por diversas razóns.

La Voz de Galicia adiantou un capítulo de «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», a biografía de Ramón Nicolás sobre Celso Emilio Ferreiro

La Voz de Galicia adiantou o sábado un capítulo de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a esperada biografía sobre Celso Emilio Ferreiro, escrita por Ramón Nicolás, que Xerais comezará a distribuír a finais desta semana. O capítulo pode lerse ou descargarse aquí en pdf.