Unha mestura de utopía científica, do gótico e da fantasía: «Eu, pel» de Teresa González Costa
El Correo gallego publica unha recensión crítica de Carmen Ferreira Boo sobre Eu, pel de Teresa González Costa.
Publicado o 22 Decembro, 2012 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
El Correo gallego publica unha recensión crítica de Carmen Ferreira Boo sobre Eu, pel de Teresa González Costa.
Publicado o 21 Decembro, 2012 nas categorías Natureza, Presentacións
O venres, 28 de decembro ás 20:00 horas, na librería A Libreira, rúa Luís Seoane, 2 O Temple en Cambre, terá lugar a presentación da novela Dark butterfly de Rexina Vega. No acto participarán as escritoras Dores Tembrás, Begoña Paz e a autora. Despois do acto, seguindo o esquema dos xa míticos vermús literarios de A Libreira, convidarase a viño galego e petiscos.
Publicado o 21 Decembro, 2012 nas categorías Natureza, Sinatura
O sábado, 22 de decembro, a partir das 19:30 horas, na librería Nova Colón, rúa Olmos, 9 da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas.
Publicado o 21 Decembro, 2012 nas categorías Narrativa, Sinatura
O venres, 21 de decembro, a partir das 19:00 horas, na librería Arenas, Cantón Pequeno, 25 da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas.
Publicado o 21 Decembro, 2012 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais
La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Uxía López a María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, gañadores do Premio Xerais de Novela 2012 con sobre Tonas de laranxa. «A defensa da lingua é un dos puntos centrais do noso libro» Pai e filla conquistan a crítica e público cunha historia compartida Como nun soño.
Publicado o 21 Decembro, 2012 nas categorías Críticas, LibroX
Héitor Mera publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico, de Manuel Veiga. Unha seria brincadeira Observar obxectivamente A nova entrega de ManuelVeiga chega cunha virtude innegable: o don da oportunidade.
Publicado o 21 Decembro, 2012 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín
María Navarro publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Malos tempos para fantasmas, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Patricia Castelao.
Publicado o 21 Decembro, 2012 nas categorías Presentacións
Manuel Bragado publicou en Brétemas senllas crónicas dos actos promocionais de As voces baixas, de Manuel Rivas en Ourense e Pontevedra. Radio na libraría Na xornada pontevedresa de promoción d’ As voces baixas, gustei moito da conversa que a xornalista de Onda Cero Susana Pedreira mantivo con Manuel Rivas na libraría Cronopios.
Publicado o 21 Decembro, 2012 nas categorías Artigos literarios, Gastronomía
O escritor Alfredo Conde escribiu, no seu artigo de El Correo Gallego, sobre libro Fausto Galdo e o seu libro Abecedario das mantenzas. Hai outros casos nos que a memoria se me atravesa. Fausto Galdo, morreu hai pouco. Foise sen que se me acordara preguntarlle ónde fora o lugar no que máis a miudo nos trataramos.
Publicado o 20 Decembro, 2012 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 28 de decembro, ás 20,00 horas, na Librería A Lus do Candil, rúa Historiador Vedía, 3 Arteixo, terá lugar a presentación do libro A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participará Modesto Fraga e o autor. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.
Publicado o 20 Decembro, 2012 nas categorías Lectura, LibroX
O venres, 28 de decembro, a partir das 20:30 horas, na librería Agrasar, rúa Cardenal, 38 de Monforte, terá lugar a lectura colectiva do libro Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico de Manuel Veiga.
Publicado o 20 Decembro, 2012 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 27 de decembro, ás 19:30 horas, na Librería Ler, Praza Maior de Maceda, terá lugar a presentación do libro Sarou / Louzós de Ramón Caride. No acto participarán Alejandro Vázquez, Avelina Losada, Francisco Prol e o autor. Estrea do booktráiler do libro realizado por David M. Fidalgo.