Menu Xerais

Cando a felicidade era posible en Moscova: «Castelao na Unión Soviética en 1938», de Xesús Alonso Montero. Crítica de Xosé Ramón Pena

Xosé Ramón Pena publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Castelao na Unión Soviética en 1938, de Xesús Alonso Montero.

 

 

Kommunizma vediot!

Afonso Daniel en Moscova

“Partiya Lelina, sila narodnaya/ Nas k torzhestu kommunizma vediot” (”Partido de Lelin, forza do pobo,/ lévanos ao triunfo do comunismo!” Se ben que se tratase do cantar do Partido Bolxevique, e só fose elevado á categoría de Himno Nacional da Unión Soviétida en 1944, cabe pensar na súa interptetación durante o transcorrer do desfile do Primeiro de Maio de 1938, en Moscova. De ser tal,non cabe dúbida que Castelao se emocionou ao oír as notas vibrantes. Ao cabo, escribiu o de Rianxo:“yo me fijaba, preferentemente, en las caras que pasaban ante nosotros,

y he notado varias cosas: el aspecto físico y moral de todos los ciudadanos y el cariño con que los padres llevaban a sus hijos a este magnífico desfile.”

Nunca se declarou comunista. Así e todo, naquela altura na que Galiza, España…, o mundo enteiro se debatía nunha loita sen cuartel contra as gadoupas fascistas, Afonso Daniel considerou que a felicidade era moito máis posible en Moscova que nos brillantes EE.UU. O amor polos humanos levou a Castelao, daquela, a considerar a Urss como un modelo esperanzador de futuro, para alén do egoísmo burgués: velaí o contido das páxinas que o profesor Alonso Montero rescata, con brillatez, para a moi necesaria memoria.

Xosé Ramón Pena

Deixa un comentario!