Menu Xerais

Ramón Nicolás: «O boom de Celso Emilo Ferreiro como poeta produciuse en Venezuela». Entrevista sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro»

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Ramón Nicolás polo seu libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Ramón Nicolás declara na entrevista que coñecer a Celso Emilio Ferreiro, unha das grandes figuras da literatura galega do século XX, «é unha necesidade». O autor salienta que todo o que se describe no libro está apoiado en documentación oral ou escrita e que o protagonismo de Celso Emilo na súa época foi moi alto, polo que o seu carácter polemista tamén viña marcado polas circunstancias.

Con respecto á súa etapa venezolana, Ramón Nicolás refírese non só á decepción ante as persoas senón tamén á decepción ante un país que en boa medida tiña idealizado. Nese país produciuse o boom de Celso Emilo Ferreiro como poeta.

Aquí pode escoitarse ou descargarse a entrevista completa.


 

Deixa un comentario!