Menu Xerais

«Trampa de Luz», de Agustín Agra: o poder do misterio

Román Arén publica na edición do Barbanza de La Voz de Galicia unha recensión sobre  Trampa de Luz, de Agustín Agra.

 

Trampa de Luz

 

O poder do libro está no misterio

Agustín Agra (Nola 1966), biólogo, comezou colaborando nas revistas Alameda e Casa da Gramática, e no 2004 gañou o Premio de Narracións Curtas do Pedrón de Ouro con Os límites do inimaxinable.

En 2006 gaña o Premio Merlín con O tesouro da lagoa de Reid’Is, obra coa Narrativa que comeza a súa andaina como narrador para a mocidade, que continuará con Cacería salvaxe en 2008 e A treboada de C en 2009, data na que tamén publica un libro de relatos para un público máis arnplo, O recendo das Mimosas.

Agora, na coñecida colección Fóra de Xogo de Xerais, presenta a novela curta Trampa de luz. Irene é unha nena con grande amor pola natureza e afeccionada en fotografar animais. A rutina dunha vida na natura queda alterada pola aparición do tanxedor de campás, que modifica a normalidade, pois aparecen na vila especies descoñecidas, arrecendos misteriosos e, o misterio, a desaparición de diferentes animais. Cun aire de familia, lixeiro, con Lovecrack, esta busca do misterio parte do poder do libro, da súa capacidade para facer aparecer eses seres terroríficos.

Deixa un comentario!