Menu Xerais

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais participa na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos Xardíns Méndez Núñez do 1 ao 10 de agosto, co seguinte programa de presentacións e sinaturas:

Día 1 mércores

20:00 h.: Lectura de Manuel Rivas: Conto inédito de O máis estraño, un  capítulo de Todo é silencio e inéditos do libro de próxima aparición en Xerais titulado  As voces baixas.

Ao remate da lectura, Manuel Rivas asinará exemplares da súa obra.

Día 4 sábado

20:00 h.: Presentación De Xente Nova a Brais Pinto de Xosé Fernández Ferreiro. Participan: Manuel Bragado e o autor.

20:45 h.: Presentación de A derrota de Galicia de Antón Baamonde. Participan: Fermín Bouza, Manuel Bragado e o autor

21:15 h.: Presentación de A narrativa mariña de Gonzalo López Abente. Participan: Suso Sambade, X.H. Rivadulla Corcón e Manuel Bragado

Día 6 luns

19:30 h.: Sinatura de exemplares de Agustín Fernández Paz

20:00 h.: Presentación Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira. Participan: Manuel Bragado e o autor.

20:45 h.: Presentación Os fillos do mar de Pedro Feijoo. Participan: Sergio Zearreta, Manuel Bragado e o autor.

21:15 h.: Presentación Castelao na Unión Soviética en 1938 de Xesús Alonso Montero. Participan: Manuel Bragado e o autor.

Día 9 xoves

20:00 h.: Presentación O país adormentado de Xabier P. DoCampo. Participan: Manuel Bragado e o autor.

20:45 h.: Presentación Atl de Manuel Lourenzo González. PREMIO BLANCO AMOR 2011. Participan: Manuel Bragado e o autor.

21:15 h.: Presentación O meu primeiro Celso Emilio de Xiana e Xosé Lastra. Participan: Manuel Bragado, os autores e varios músicos participantes no libro.

Deixa un comentario!