Publicado o 7 Marzo, 2013 nas categorías Narrativa, Presentacións, Roda de prensa
O luns, 11 de marzo, ás 12:00 horas, no Consello da Cultura Galega, terá lugar unha roda de prensa na que se presentará a nova novela de Carlos G. Reigosa A vitoria do perdedor.
No acto participarán Manuel Bragado e Carlos G. Reigosa.
Ler máis →
Publicado o 7 Marzo, 2013 nas categorías Noticias, Poesía, Premios
Xerais publicará nos vindeiros meses o poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, que recibiu o Premio Johán Carballeira de Poesía, convocado polo Concello de Bueu, e colaborará neste certame. O xurado do Premio manifestou que Raíz da fenda é un «poemario limpo de artificio, carente de adobíos innecesarios», no que destacan «a mensaxe, o ton, a boa estruturación e en defintiva a sensibilidade que amosa».
Ler máis →
Publicado o 7 Marzo, 2013 nas categorías Críticas, Infantil, Tintimán
Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar, titulado Amor de serea.
Ler máis →
Publicado o 6 Marzo, 2013 nas categorías Artigos literarios, Críticas, Narrativa
O pintor Antón Patiño publicou na revista Gallegos nº 17 (2012) un longo artigo, ilustrado con fotografías, sobre As voces baixas, de Manuel Rivas.
O artigo, titulado «O libro da vida», pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.
Ler máis →
Publicado o 6 Marzo, 2013 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Radio
Radiofusión emitiu unha entrevista a María Reimóndez sobre a súa novela En vías de extinción.
Para visibilizar a vida das lesbianas
A novela «En vias de extinción» quere contribuir a visibilizar a vida das lesbianas. Construir un imaxinario de igualdade e de liberdade, e traballar para eliminar prexuízos, segundo a súa autora María Reimondez.
Ler máis →
Publicado o 6 Marzo, 2013 nas categorías Críticas, Novela gráfica
Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil publica unha recensión sobre a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela do mesmo título de Agustín Fernández Paz.
Invernía para ler
No souto temos algo do espirito do grande monstro que é Agustín Fernández Paz, sentimos modestamente a mesma paixón pola narrativa debuxada, polos cómics, pola novela gráfica.
Ler máis →
Publicado o 6 Marzo, 2013 nas categorías Críticas, Infantil, Sopa de Libros
Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, de Ramón Caride.
Auria tamén para os cativos
Desde os tempos do Rexurdimento, cos Lamas Carvajal, Álvarez de Novoa ou Pérez Placer, a cidade de Ourense converteuse nun espazo privilexiado da literatura galega, que cristalizará definitivamente no Auria de Blanco Amor.
Ler máis →
Publicado o 5 Marzo, 2013 nas categorías Infantil, Reportaxes, Tintimán
Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publican unha reportaxe de Marta Veiga sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar,, titulado Amor de serea.
Ler máis →
Publicado o 5 Marzo, 2013 nas categorías Álbums, Concertos, O_meu_primeiro, Presentacións
O xornal El Ideal Gallego publicou unha ampla reportaxe sobre o espectáculo en torno ao álbum O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales , que vai ter lugar mañá mércores, 6 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Colón da Coruña, co concerto O meu primeiro Celso Emilio, no que participarán María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra.
Ler máis →
Publicado o 5 Marzo, 2013 nas categorías Cine, Fóra de Xogo, Noticias
Faro de Vigo publica hoxe unha información de E. Ocampo sobre a venda de dereitos da triloxía Dragal, de Elena Gallego, a unha produtora galega.
Ler máis →
Publicado o 5 Marzo, 2013 nas categorías Artigos literarios, Críticas, Narrativa
O Culturas de La Voz de Galicia acolleu o pasado sábado un artigo de Xosé Carlos Caneiro titulado «Stevenson» no que fala da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema.
Stevenson
Nestes últimos quince días só fun quen de ler unha novela na lingua de Nós. Abofé que pagou a pena. Veñpo de gozar moitísimo coa lectura de Costa do solpor. Gran novela, extraordinaria.
Ler máis →
Publicado o 4 Marzo, 2013 nas categorías Fóra de Xogo, Presentacións
O sábado, 9 de marzo, ás 11:00 horas, no Espazo de Linguas Ibéricas do Instituto Cervantes, na Universidade de Alcalá (Auditorio Ambrosio Morales), terá lugar a presentación da triloxía Dragal de Elena Gallego.
Esta triloxía está formada por: Dragal I. A herdanza do dragón, publicado en 2010 vai xa pola 5ª edición e acadou o premio Frei Martín Sarmiento (categoría 1º e 2º da ESO) 2012 ; Dragal II.
Ler máis →