Entrevista de María Solar a Manuel Portas sobre «Faneca brava» no Zig Zag
María Solar entrevistou a a Manuel Portas, sobre a súa nova novela Faneca Brava, no programa Zig Zag da TVG.
Publicado o 31 Maio, 2013 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Televisión
María Solar entrevistou a a Manuel Portas, sobre a súa nova novela Faneca Brava, no programa Zig Zag da TVG.
Publicado o 31 Maio, 2013 nas categorías Autores, Entrevistas
O último número da revista Bahía Sur publicou unha entrevista de C. Carreiro a Fran Alonso sobre os seus libros. (Foto de Manuel G. Vicente). Fran Alonso: «Concibo a escrita como unha superación na que sempre tes que dar máis de ti ou ofrecer algo novo» «Necesito concentrarme para sentir o que senten os meus personaxes» —Narrativa, poesía, relatos…a túa escrita viaxa por diferentes xéneros.
Publicado o 31 Maio, 2013 nas categorías Antoloxía, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da Antoloxía da literatura galega 1981-2011 / Anthology of Galician Literature 1981-2011, da que é responsable Jonathan Dunne. Tamén El Correo Gallego publicou unha información ao respecto de Fran P. Lorenzo.
Publicado o 31 Maio, 2013 nas categorías Críticas, Lingua
O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Xosé Feixó sobre Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Precisa análise Unha sólida ferramenta Máis unha vez o profesor Freixeiro Mato agasállanos cun traballo que vén encher un dos tantos baleiros dos que adoece o noso idioma: Estilística da lingua galega.
Publicado o 30 Maio, 2013 nas categorías Críticas, Feminismo, Monografías
Pilar Ponte publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez.
Publicado o 30 Maio, 2013 nas categorías Álbums, Infantil, Merliño
Paula Fernández publicou hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás. Axeitado texto Para descubrir o corpo O señor corpo quere xogar é unha obra pensada para prelectores e primeiros lectores que invita os nenos a descubrir o seu corpo e a experimentar con el.
Publicado o 30 Maio, 2013 nas categorías Blogs, Infantil, Poesía, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez. Con Antonio García Teijeiro e Paco Ibáñez A presentación da antoloxía da poesía infantil de Antonio Garcia Teijeiro pagou a pena.
Publicado o 30 Maio, 2013 nas categorías Críticas, Narrativa, Presentacións
O blog sobre Costa do Solpor reproduce o texto que escribiu Xoán Carlos Garrido Couceiro para a presentación da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema, na Estrada. TEXTO DE XOÁN C. GARRIDO LIDO NA PRESENTACIÓN DE COSTA DO SOLPOR NA ESTRADA (22-5-2013) Agradezo o convite a presentar un libro solvente e rigoroso dun autor serio, profesional e documentado.
Publicado o 29 Maio, 2013 nas categorías Antoloxía, Roda de prensa
O xoves, 30 de maio, ás 13:00 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela (Avda. Xoán XXIII, s/n), terá lugar a roda de prensa-presentación de Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1981-2011 de Jonathan Dunne A presentación será no salón de actos e contará coas intervencións de: – Secretario xeral de Cultural, D. Anxo M.
Publicado o 29 Maio, 2013 nas categorías Blogs, Narrativa
A libraría Cronopios publica no seu blog unha anotación sobre Os fillos do mar, de Pedro Feijoo. Pedro Feijoo chegou a Cronopios por primeira vez hai un ano. Acabábamos de comezar unha bonita relación coa emisora local de Onda Cero e estreábamos esas entrevistas públicas onde se mistura tan felizmente o periodismo, a literatura e a cercanía do autor aos lectores.
Publicado o 29 Maio, 2013 nas categorías Infantil, Poesía, Presentacións
O Faro de Vigo publica unha información de Amalia Mauleón sobre a presentacion en Vigo de Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro. Onte participaron na presentación o músico Paco Ibañez; Fran Alonso, responsable da antoloxía; e o ilustrador Xosé Cobas, así como o poeta Román Raña e o editor Manuel Bragado. La Voz de Galicia tamén recolle a noticia.
Publicado o 29 Maio, 2013 nas categorías Clásicos, Entrevistas, Poesía, Televisión
O programa da TVG O Eirado, que dirixe o xornalista e escritor Pemón Bouzas, emitiu unha entrevista a Anxo Angueira sobre a súa edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro.