Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2013

Manuel Portas: «Cando nunha sociedade hai machismo, haino nos homes e nas mulleres»». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Manuel Portas pola súa novela Faneca Brava. (Foto de Roberto Rodríguez Carballada).   «Cando nunha sociedade hai machismo, haino nos homes e nas mulleres» Manuel Portas volve, na súa nova novela, contarnos a Historia desde abaixo, como fixera en Denso recendo a salgado e en Un dedo manchado de tinta. Desde a pluralidade de experiencias da sociedade de cada época.

Reportaxe sobre «Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro, no ZigZag da TVG

Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez centra unha das reportaxes da edición do programa cultural da TVG ZigZag. A reportaxe, que inclúe imaxes de García Teijeiro recitando con Paco Ibañez, pode verse a partir do minuto 17,35 neste enlace.

Novidade: «O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba. Unha novela de límites cun discurso indagatorio

O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba, é unha novidade de Narrativa para este outono. A novela pode lerse tamén en formato dixital. O bosque, eido primario onde a natureza impón o seu poder, está a ser penetrado por hordas de refuxiados de guerra. Proceden da Cidade, trasunto de civilización sepultada baixo a barbarie.

Real e intrigante: «Faneca Brava», de Manuel Portas. Crítica de Lorena Domínguez Mallo

Lorena Domínguez Mallo publicou en LG3, o soportal da literatura do Consello da Cultura Galega, unha recensión crítica sobre a novela Faneca Brava, de Manuel Portas.     A verdade como caída A familia Pereira, o clan de Concha, alicerzaba a súa identidade na gran mentira da aparencia. Só Fernando foi quen de buscar a verdade da súa curmá.

Artigo de Goretti Sanmartín Rei sobre «Estilística da Lingua Galega» de Xosé Ramón Freixeiro Mato

Goretti Sanmartín Rei publicou un artigo de opinión en Sermos Galiza sobre o libro Estilística da Lingua Galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato.   A vontade de procura de estilo, alicerce dunha lingua normalizada “Fáltanme anos e perspectiva para definir o meu estilo”, declarou Berta Dávila, a gañadora do último Premio Repsol de Narrativa Breve tras lle preguntaren pola súa obra.

Capacidade para crear mundos de fantasía: «Marcopola», de Jacobo Fernández Serrano. Crítica de Mª Jesús Fernández

Mª Jesús Fernández publicou na revista Clij unha recensión crítica sobre Marcopola, de Jacobo Fernández Serrano.

«A riqueza dun libro que lin de corridiño». Crítica de Vicente Araguas sobre «Retallos daquela infancia», de Bautista Álvarez

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica de Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez.

Ollar o pasado a través da historia e da literatura: «Historia de Galicia» e «Historia da literatura galega». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou o no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre sobre Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira e Historia da Literatura Galega I, de Xosé Ramón Pena.     HISTORIA E LITERATURA DE ONTE Anselmo López Carrrera e Xosé R.

Presentación de “Os xornalistas utópicos” de Manuel Veiga en Santiago

O mércores, 25 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación da novela Os xornalistas utópicos de Manuel Veiga. No acto participarán Mario Regueira, Manuel Bragado e Manuel Veiga.

Hixinio Puentes: «Houbo persoas que decidiron sobre a vida e sobre a morte dos seus veciños»

A web Fervenzas Literarias publicou unha entrevista a Hixinio Puentes pola súa novela Winnipeg.   Entrevista a Hixinio Puentes Hai historias terribles que compre contar para que a forza do Lethes non arromben con elas e as súas augas as leven corrente abaixo, lonxe de nós. Acontecementos que son precisos coñecer, onde se fai necesario saber o que pasou.

Manuel Veiga: «Na miña xeración había un exceso de ideoloxismo, no caso dos indignados hai un déficit de ideoloxía». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Manuel Veiga pola súa novela Os xornalistas utópicos. (Foto de Ana Mosquera)   «Como autor, non me gusta a cultura da queixa» O novo libro de Manuel Veiga é unha novela de xornalistas. Dun tipo de xornalismo que naceu coa Transición, coas esperanzas postas no futuro e nunha transformación real da realidade. Mais tamén é a crónica dun desencanto.

Ramón Caride, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas, finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento

A pomba dona Paz, de Ramón Caride; Malos tempos para fantasmas, de Agustín Fernández Paz e O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, foron elixidos finalistas da X edición do Premio Frei Martín Sarmiento.  Os libros finalistas de Xerais pertencen ás categorías de 1º e 2º de Educación Prmiaria, 3º e 4º de Educación Primaria e 3º e 4º da ESO.