Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2013

Memoria, imaxinación e humor: «Retallos daquela infancia», de Bautista Álvarez. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez.

Perspectiva literaria innovadora: «Os xornalistas utópicos», de Manuel Veiga. Crítica de Mario Regueira

Mario Regueira publicou en Sermos Galiza unha recesión crítica sobre Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga.   O nó gordiano da Transición Nalgún momento desta novela un dos protagonistas afirma como, no medio dun contexto no que músicas como o Libertad sin ira de Jarcha atronaban por todas partes, a el preocupáballe máis a discografía de Pink Floyd.

Un agasallo para os amantes da poesía infantil: «Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez.   Versos atemporais Todo un agasallo poético Os versos cos que A.

Xosé Ramón Freixeiro Mato: «Coa ‘Estilística da lingua galega’ pretendo facer aflorar a potencialidade que ten o idioma»

Sermos Galiza publica unha entrevista de Carme Vidal con Xosé Ramón Freixeiro Mato con motivo da presentación da Estilística da lingua galega.

Portentosa capacidade narrativa: «Faneca brava», de Manuel Portas. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre a novela Faneca Brava, de Manuel Portas.     Toda a verdade sobre a faneca brava Faneca Brava, de Manuel Portas, é a crónica do esclarecemento dunha verdade oculta que conleva dinamitar a imaxe social dunha familia cuxa adhesión á causa franquista lle dá unha impronta de respetabilidade social. Cróncia de X.M. Eyré.

A película de animación do libro «O pequeno mago» presentarase no Festival Internacional de cine de San Sebastián

A película de animación baseada no libro O pequeno mago, de Roque Cameselle, será presentada, na súa versión en euskera, na próxima edición do Festival Internacional de cine de San Sebastián que se celebrará entre o 20 e o 28 deste mes de setembro. A película participará na sección non competitiva  “Cine Infantil” da man da distribuidora cinematográfica vasca BARTON FILMS.

«Astérix e os Pictos»: un novo álbum dunha colección clásica

O vindeiro 24 de outubro o novo Astérix chegará a todas as librarías galegas  da man de Xerais. Trátase de Astérix e os Pictos, o novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito! Desta volta, Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana. O volume está traducido ao galego por Xavier Senín e Isabel Soto.

Obradoiro de cómic con “Marcopola” de Jacobo Fernández Serrano no Fórum da Coruña

Na Biblioteca do Fórum Metropolitano da Coruña o  xoves, 19 de setembro (ás 18:00 horas), terá lugar o obradoiro de cómic “A debuxar con Marcopola” impartido por Jacobo Fernández Serrano, autor da serie de cómic infantil  Marcopola. A illa remeira. “A debuxar con Marcopola” é un obradoiro de cómic dirixido a nenos e nenas de seis a dez anos.

Unha ollada galega universal: «Cancela aberta», de Xosé Neira Vilas. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Cancela aberta, de Xosé Neira Vilas.

Presentación do poemario “Raíz da fenda” en Betanzos

O venres, 20 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación do poemario Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira). No acto participarán Elena Veiga Rilo, Fran Alonso e Berta Dávila. A autora fará un agasallo a cada un dos asistentes.

Presentación de “Estilística da Lingua Galega” de Xosé R. Freixeiro Mato en Santiago

O xoves, 19 de setembro, ás 20,15 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Estilística da Lingua Galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato. No acto intervirán Goretti Sanmartín Rei, Xosé Manuel Sánchez Rei, Manuel Bragado e o autor.

Enfoque comunicativo: «Historia da Literatura Galega I», de Xosé Ramón Pena. Anotación de Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a Historia da Literatura Galega I, de Xosé Ramón Pena.   Unha historia literaria de referencia Para os editores sempre é motivo de fachenda e satisfacción a chegada ás librarías de obras que consideramos de referencia, as chamadas a perdurar e a gañar importancia co paso do tempo, eses títulos que engalanan o noso catálogo durante anos e anos.