Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2013

As dúas novelas gañadoras das últimas edicións do Premio Blanco Amor. Moito humor

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación as dúas novelas gañadoras das dúas últimas edicións do Premio Blanco Amor. Sobre a de Jorge Llorca pode lerse aquí a información do Diario de Ferrol.   Novos Blanco Amor Revisamos onte os ferros de Dióxenes en Dolorida de Ignacio Vidal Portabales, obra gañadora o pasado ano da XXXª edición do premio Blanco Amor.

Novidade: «Todos somos», de Marcos Calveiro. A desaparición de Natalia

Todos somos, de Marcos Calveiro, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo.

A portada de «Cadeas», de Xabier López López, a novela gañadora do Premio Xerais

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a portada da novela gañadora do Premio Xerais 2013, Cadeas, de Xabier López.   A portada de «Cadeas» Cadeas, a novela de Xabier López, gañadora do Premio Xerais deste ano, xa vai no prelo. Estou moi satisfeito da cuberta que preparou Miguel A.

Prosa clara e suxerente: «O anxo de Eva» de Marina Mayoral. Artigo de Franco Grande

Xosé Luís Franco Grande escribiu un artigo en La Voz de Galicia sobre O anxo de Eva de Marina Mayoral.   A mestría de Marina Mayoral Vexo nesta densa, ben traballada e mellor artellada novela de Marina Mayoral unha especial capacidade para salientar o que poderiamos chamar o carácter ilusorio da realidade, como esta pode pasar da realidade inmediata aos eidos da ilusión, e á inversa.

Unha edición referencial: «Cantares gallegos», de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira

Ramón Nicolás publicou o no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre os libros publicados este ano en torno a Rosalía de Castro, entre eles Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.   Cantares gallegos Cantares gallegos, Rosalía de Castro, Xerais, 2013, 472 páxinas.

Manuel Rivas, no Edimburgh Intenacional Book Festival 2013

A actividade internacional de Manuel Rivas pasou estes días pola súa presenza no Edimburgh Intenacional Book Festival 2013, ao que pertence a imaxe. Así mesmo, publicouse unha nova crítica da tradución inglesa de Todo é silencio que se pode ler aquí (All is silence) e que se suma a outras feitas con anterioridade.

Compromiso coa poesía e coa infancia: «Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro. Crítica de Berta Dávila

Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica de Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez.

Jorge Llorca, Premio de novela Blanco Amor con «O violín de Rembrandt»

O escritor Jorge Llorca resultou gañador da XXXI edición do Premio Blanco Amor de Novela Longa 2013 que convocaba este ano o concello de Ferrol, cunha obra titulada «O violín de Rembrandt». Autor de Xerais, en 2009 publicou o libro O salto do can, que constitúe a memoria de todo unha xeración ferrolá escrita nos mármores dunha taberna. O xurado, integrado por Medos Romero, Xabier P.

Novela de múltiples valores: «Flor de area», de M. Lourenzo González. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Flor de area, de M. Lourenzo González.   Crueldade intolerábel, a vida envelenada A nova novela de M. Lourenzo continúa a trama iniciada en Irmán do vento.

«Días que non foron», de Luís Rei Núñez, encabeza o ranquing da Tabela dos libros do mes de setembro

Días que non foron, de Luís Rei Núñez e Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga, sitúanse no primeiro e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de setembro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Xerais en Pinterest

Xerais abriu o pasado venres o seu perfil de en Pinterest, unha rede social moi atractiva e de emprego moi doado para compartir o contido informativo a partir das imaxes. A utilización didáctica de Pinterest, así como a súa presenza no eido das librarías e bibliotecas públicas foron dous alicientes máis para profundizar na aposta da editorial por esta rede en constante crecemento.

Brevidade e vontade de estilo: «Cancela aberta», de Xosé Neira Vilas. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha recensión crítica sobre os últimos libros de Xosé Neira Vilas, entre eles Cancela aberta.   «Cancela aberta», de Xosé Neira Vilas (…)  Cancela aberta, por outro lado, insírese nesoutro ámbito de traballo, continuado e intenso, que Neira vén desenvolvendo desde hai ben anos e que é o da divulgación de corte ensaístico a través da súa práctica xornalística.