Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2013

Unha excelente novela: «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo. Reportaxe de Ceferino de Blas

Ceferino de Blas publicou no Faro de Vigo unha reportaxe sobre a novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo.     La noche más viguesa El escritor Pedro Feijoo se nutre de los rincones y edificios de la ciudad para ambientar su obra “Os fillos domar”, que relata una peculiar búsqueda del tesoro de Rande por parte de los nazis Pedro Feijoo ha escrito una excelente novela.

Marina Mayoral: «As mulleres somos o último movemento emerxente». Entrevista de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou na revista Qué leer, nº 190 unha entrevista a Marina Mayoral pola súa nova novela O anxo de Eva.   «Marina Mayoral: Sempre estou en Brétema» A ÚLTIMA PROPOSTA DA ESCRITORA DE MONDOÑEDO, POLO DE AGORA EDITADA SÓ EN LINGUA GALEGA, É O ANXO DE EVA (XERAIS).

Unha nova mostra do saber facer dun novelista consistente: «Faneca Brava», de Manuel Portas. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica da novela Faneca Brava, de Manuel Portas.   Segredos de familia Unha novela consistente O bo viño precisa o seu tempo, tamén algúns escritores.

Sinxelo, moderno e divertido: «Marcopola 2. Os piratas da lúa», de Jacobo Fernández Serrano. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Marcopola 2. Os piratas da lúa, de Jacobo Fernández Serrano.     Atípicas ocorrentes Con estilo sinxelo e moderno Os piratas da lúa é a segunda entrega das aventuras de Marcopola.

Cuestionar a historiografía española sobre Galicia: «Historia de Galicia», de Anselmo López Carreira. Reportaxe de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha reportaxe sobre  Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira. A reportaxe completa pode lerse ou descargarse neste enlace.   A Galicia negada López Carreira revisita a nosa historia (…) O percorrido polo noso pasado que propón esta Historia de Galicia vai moito máis alá, no tempo, que O reino medieval de Galicia.

Ambición e oficio: «Días que non foron», de Luís Rei Núñez. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre o libro Días que non foron, de Luís Rei Núñez.

Unha lectura de grolo forte e saboroso: «Días que non foron», de Luís Rei Núñez. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou en Praza Pública (31/7/13) unha recensión crítica sobre o libro Días que non foron, de Luís Rei Núñez. O seu blog reproduce tamén a recensión.   Memoria das sombras A Luís Rei Núñez, un dos nosos mellores narradores do último cuarto de século, debémoslle páxinas inesquecibles.

Unha novela amena e instrutiva sobre un tempo crucial: «Os xornalistas utópicos», de Manuel Veiga. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica da novela Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga. Araguas salienta que se trata dunha novela «amena e instrutiva para recrear un tempo crucial, o que percorre o último cuarto do século pasado». Trátase, segundo apunta daquela «época que semellaba tan chea de glamur e que vista cos ollos de hoxe semella cotrosa».

A despedida de Ascensión Concheiro, Chonchiña, a muller que inspirara «O lapis do carpinteiro»

Actualizado 6/9/2013. Algúns medios fixeronse eco da morte en México, aos cen anos de idade, de Ascensión Concheiro, coñecida como Chonchiña, a muller que inspirara O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas. Reproducimos un artigo de Ramón Rozas no Diario de Pontevedra, onde tamén se pode ler unha información de Belén López. Reproducimos tamén, a continuación, a información de Carme Vidal que publicou Sermos Galiza.

Presentación en Betanzos de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O mércores, 11 de setembro, ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos,  terá lugar a presentación de A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Xabier López e Francisco X. Fernández Naval. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.